Home Pontevedra Deza Vila de Cruces recoñecerá o esforzo de todas aquelas persoas que loitaron...

Vila de Cruces recoñecerá o esforzo de todas aquelas persoas que loitaron contra o Covid-19

- Anuncio -

• Grupo de Goberno decidiu que é un deber o recoñecer o traballo de todos e todas aquelas persoas que dunha maneira ou outra foron decisivas na loita contra a pandemia ou ben puxeron o seu granito de area coa súa axuda e colaboración, e farano o 5 de setembro, coincidindo coa Festa do Galo.


O Grupo de Goberno de Vila de Cruces vén de informar da intención de facer un recoñecemento público a todas aquelas persoas que colaboraron en axudar a paliar dunha forma ou outra o Covid-19.

O alcalde Luís Taboada, quixo que este recoñecemento fose público diante de todos e cada un dos veciños e veciñas, polo que puxeron a data do día 5 de setembro, aproveitando a celebración da Festa do Galo, e facer así un recoñecemento que é necesario e de xustiza segundo comenta Julio López, que foi o encargado de xestionar este evento, un evento no que se ten previsto dar as grazas en primeiro lugar a todos e todas as veciñas de Vila de Cruces, por soportar as restricións e as prohibicións con enteireza e colaborando en todo momento, aos hostaleiros, aos comerciantes, ás asociacións culturais e deportivas, a emprendedores e emprendedoras que acababan de montar os seus negocios e estano pasando moi mal para saír adiante, realmente a todos e a todas, pero moi especialmente aos servidores públicos, que traballan na sombra, e que desde o concello de Vila de Cruces quérense facer visibles, como son os nosos Sanitarios, a nosa Garda Civil, a nosa Policía Local, os nosos voluntarios de Protección Civil, e non queremos esquecernos da atención aos nosos maiores, algo primordial ao ser estes, o de máis risco, por este motivo a estes sectores son os que hai que recoñecer o seu traballo incondicional, sempre sen pedir nada a cambio, mesmo nalgúns casos custándolle a súa propia vida.

O Grupo de Goberno convida a todos os que queiran participar en agradecer a estes colectivos o seu esforzo e dedicación a súa asistencia, pero como sempre respectando as normas sanitarias e con “ Sentidiño”

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas