Home Deputacións Deputación Pontevedra Vilagarcía, protagonista do novo obradoiro da Facutade Ágora da Deputación como exemplo...

Vilagarcía, protagonista do novo obradoiro da Facutade Ágora da Deputación como exemplo de como recuperar espazo público para as persoas

- Anuncio -

Persoal técnico de diferentes concellos da provincia realizarán este xoves 8 unha visita ao municipio, analizarán as obras realizadas e debaterán sobre como priorizar as persoas fronte aos coches no deseño urbano

O obradoiro contará coa presenza da arquitecta e xestora de mobilidade Rocío Plasencia Estefani como ‘observadora externa’

O Concello de Vilagarcía será este xoves protagonista e escenario do primeiro ‘Obradoiro’ da Facultade Ágora da Deputación de despois do verán. Esta iniciativa formativa pretende achegar recursos ao persoal técnico e político dos concellos da provincia co fin de recuperar espazo público para as persoas e, neste caso, representantes de diferentes municipios da provincia visitarán a vila do Salnés para facer unha análise das obras realizadas ‘in situ’ e, co caso local como exemplo, aprender xunto á especialista Rocío Plasencia cales son as mellores fórmulas para priorizar ás persoas fronte os vehículos.

Segundo explica o deputado de Mobilidade e Espazo Público Uxío Benítez, o obxectivo dos ‘Obradoiros Ágora’ será adquirir coñecementos técnicos de forma concreta e práctica, visibilizar como se vai plasmando a filosofía Ágora no espazo público dos ‘Concellos Ágora’ e adquirir formación mediante o debate colectivo e en grupo.

“Temos que tomar conciencia de que a nosa defensa do espazo público e a materialización das ideas de recuperación deste non é unha excepción. É unha práctica cada vez máis estendida, polo que é preciso empoderarse e ser conscientes de que estas ideas son as ideas do futuro, futuro apoiado nun presente moi real e xa non exclusivamente teórico porque a utopía xa se está materializando”, subliña o nacionalista, quen salientou que Vilagarcía foi elixido como sede dun dos ‘Obradoiro Ágora’ posto que se está a converter nun “referente” pola aplicación da filosofía provincial.

O obradoiro estará integrado por unha sesión en sala e unha visita comentada a espazos públicos considerados casos de boas prácticas. Así mesmo, contará coa participación dunha persoa experta de recoñecido prestixio (‘Observador Ágora’) que sumará ás dinámicas de traballo os seus coñecementos e impresións. No caso de Vilagarcía será a arquitecta e xestora de mobilidade Rocío Plasencia Estefani, que desde hai máis de 15 anos centrou a súa carreira no campo da planificación, a mobilidade e a transformación do espazo público construído. Nos últimos anos traballou tamén o urbanismo inclusivo desde a perspectiva de xénero, de xeración (nenos e terceira idade) e na participación cidadá nos procesos de intervención no espazo público. Actualmente compaxina o seu labor profesional coa investigación, traballando nunha Tese Doutoral no campo da mobilidade sostible e o deseño inclusivo do espazo público.

A xornada comezará ás 9.30 da mañá cunha ‘deriva de observación’ por parte das persoas matriculadas. Despois haberá unha benvida por parte do alcalde na Praza da Peixería e iniciarase o debate conxunto. Pola tarde haberá unha visita comentada ás diferentes actuacións realizadas polo Concello coa participación do rexedor, a concelleira Paola Mochales e o arquitecto municipal Juan José Rodríguez.

En xeral, a xornada de traballo servirá para aplicar conceptos teóricos adquiridos na primeira edición da Facultade durante o ano pasado. Quérense buscar solucións prácticas a necesidades que se repiten en todos os concellos: saber como repartir o espazo público, como utilizar criterios de deseño, como resolver interseccións, ou como xestionar o tráfico, entre outras cuestións.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas