Home Pontevedra Volve "O monte é teu" con actividades de balde para toda a...

Volve “O monte é teu” con actividades de balde para toda a veciñanza nos parques forestais da Fracha, Tomba e Pontillón

- Anuncio -

A Concellaría de Montes que xestiona Alberto Oubiña propón para este mes de abril e primeiros de maio propostas como a observación do canto das aves, fotografía, geocatching, orientación, kaiak, tai chi ou coñecer as lendas mitolóxicas de Galiza, entre outras.
Todas son de balde e con inscrición previa na páxina municipal montes.pontevedra.gal

A Concellaría de Montes que dirixe Alberto Oubiña retoma nesta primavera as actividades de O monte é teu, un programa que busca achegar á veciñanza aos parques forestais municipais: A Fracha, A Tomba e Pontillón do Castro. Alberto Oubiña lembra que “as actividades do monte buscan favorecer o coñecemento dos parques forestais, o lecer e o desfrute ao aire libre dos espazos naturais de Pontevedra”.

Entre os meses de abril e maio desenvolverá 17 actividades diversas para toda a familia que volven a ter por escenario os parques forestais que se desenvolveron no presente mandato, e tamén Pontillón do Castro, recentemente acondicionado. “As datas de primavera son excepcionais para que persoas a título individual, amizades ou familias poidan desfrutar do monte e coñecelo á par de pasar un anaco de ocupo e entretemento”, explicou o concelleiro.

As persoas interesadas en participar nestas actividades, todas elas de balde, poden inscribirse a través dos formularios enliña colgados na páxina montes.pontevedra.gal. As inscricións serán por rigorosa orde de chegada. O formulario de inscrición será contestado por unha confirmación de asistencia. A Concellaría roga compromiso de asistencia e, de non poder acudir, prégase avisar con antelación para que esa praza poida poñerse a disposición doutra persoa.

As propostas son as seguintes:
Parque forestal da Fracha (para acceder ao Parque forestal da Fracha recoméndase facelo polo Campiño)
• Tai Chi (adultos)
O Taichi (Taiji Quan) é unha arte marcial interna chinesa baseada no Wushu, a medicina tradicional chinesa e o Taoísmo. Combina movementos lentos e explosivos, xerando unha agradable sensación de calma e ao mesmo tempo de forza.
Data: sábado 1 de abril e sábado 22 de abril

Lugar: A Fracha
Punto de encontro: https://goo.gl/maps/Ph9QtkkRaEDQCnQM7
Horario: de 12.00 a 13.00 h . Duración da actividade: 1 horas
Prazas: 10 persoas
Recomendación: roupa e calzado cómodo

• Mar de estrelas. Observación astronómica (adultos)
Trátese dunha actividade de divulgación astronómica no exterior. A actividade estará composta por unha observación astronómica, empregando telescopios e simple vista, máis unha explicación do que se pode observar no ceo e unha explicación sobre os planetas e o sistema solar con maquetas.
Data: sábado 15 de abril
Lugar: A Fracha
Punto de encontro: https://goo.gl/maps/Ph9QtkkRaEDQCnQM7
Horario: de 22.30 a 01.30 h. Duración da actividade: 3 horas
Prazas: 150 persoas
Imparte: Asociación astronómica Sirio de Pontevedra
Recomendación: acudir con roupa de abrigo

• Contos nas berzas. Familiar
Un espectáculo pequeno para familias no que contaremos tres contos tradicionais relacionados co campo e o rural, aderezados con tres cancións populares nas que o público participará, non só cantando con nós, senón facendo percusión.
Data: domingo 16 de abril
Lugar: A Fracha
Punto de encontro: https://goo.gl/maps/Ph9QtkkRaEDQCnQM7
Horario: de 17.00 a 18.00 h. Duración da actividade: 1 hora
Prazas: 40 participantes

Imparte: Leucoíña pasea
Recomendación: levar manta, toalla… para sentar no chan.

• Espazos que ensinan: natureza e creatividade. Familiar

Actividade creativa polo parque para subliñar o valor natural da contorna facendo fincapé na importancia de respectar a súa flora e fauna. Este paseo consciente de observación farase cun caderno de ruta no que cada neno ou nena terá que ir completando unha serie de actividades propostas en relación ao espazo que se percorre.
Data: domingo 16 de abril
Lugar: A Fracha
Punto de encontro: https://goo.gl/maps/Ph9QtkkRaEDQCnQM7
Horario: de 11.30 a 13.00 h. Duración da actividade: 1 hora e 30 minutos
Idades: crianzas de 7 a 12 anos + 1 adulto acompañante (máximo dous cativos por adultos
acompañante)
Prazas: 24 participantes
Imparte: taller abierto

• Aproveitamentos das plantas silvestres (Familiar)
Saída para identificación de plantas silvestres con aproveitamento (en especial nutritivo e medicinal, se ben atendendo ao tintóreo ou doutro tipo), dando pautas e consellos ao respecto, sempre coas premisas da propia seguridade e a conservación do recurso.
Data: sábado 29 de abril
Lugar: A Fracha
Punto de encontro: https://goo.gl/maps/Ph9QtkkRaEDQCnQM7
Horario: de 11.00 a 13.00 h. Duración da actividade: 2 horas
Idades: adultos e cativada a partir de 9 anos
Prazas: 25 persoas
Imparte: Manuel Domínguez (Ventos – Estudos Ambientais)

Recomendacións: levar calzado cómodo de sola rugosa. Lupas e prismáticos opcionais. Levar un xornal vello, por se queren levar mostra física das plantas (ademais de fotos).

• Orientación nocturna na natureza. (Adultos)
Proponse a realización dunha carreira de orientación nocturna para 20 participantes, por binomios. As persoas participantes adquirirán os coñecementos precisos para realizar un percorrido balizado. Antes de iniciar a carreira de orientación daranse unhas nocións sobre o compás e o seu manexo para que non exista ningún tipo de contratempo durante a actividade.
Data: sábado 6 de maio
Lugar: A Fracha
Punto de encontro: https://goo.gl/maps/Ph9QtkkRaEDQCnQM7
Horario: de 20.30 a 23.00 h. Duración da actividade: 2 horas e media
Prazas: 20 persoas
Imparte: Corticata
Material: lanternas
Recomendación: roupa de abrigo e calzado adecuado para a actividade, auga.
Parque forestal da Tomba (Recoméndase subir desde a rotonda de Campañó)

• Fotonatura. Fotografía de paisaxe. (Adultos)
Ao tempo que gozamos da paisaxe iremos tomando fotografías, seguindo as orientacións da fotógrafa que dirixe a actividade, para obter os mellores resultados, dende a panorámica ao illamento de detalles e os encadres naturais.
As fotos realizadas durante a actividade subiranse https://montes.pontevedra.gal/fotos compartidas/ , as mellores recibirán un agasallo!
Data: domingo 2 de abril
Lugar: A Tomba
Punto de encontro: https://maps.app.goo.gl/zGMPJpMsQ9qGfHD58.

Horario: de 10.30 a 13.30 h. Duración da actividade: 3 horas
Prazas: 20 persoas
Imparte: Anias, formación e xestión sociocultural
Material: Smartphone con batería cargada ou cámaras réflex ou compacta, roupa adecuada en función do clima e do terreo e ganas de pasalo ben.

• Baño de bosque. Actividade de benestar na natureza (adultos)
Os baños de bosque son unha actividade de benestar emocional na natureza, unha oportunidade de desconexión para reconectar con un mesmo, diminuír o estrés, mellorar o noso sistema inmunitario, potenciar o noso benestar persoal.
Data: sábado 15 de abril
Lugar: A Tomba
Punto de encontro: https://maps.app.goo.gl/zGMPJpMsQ9qGfHD58.
Horario: de 10.00 a 13.00 h. Duración da actividade: 3 horas
Prazas: 15 persoas
Imparte: Raquel Pedrouso Carreira
Material: esterilla
Recomendacións: roupa cómoda e calzado axeitado para camiñar polo monte (o percorrido será como máximo 1 km).

• Coñece os cantos das aves e fabrica comedeiros de aves (familiar)
Os obxectivos son poñer en valor ás aves dos espazos naturais (parque forestal da Tomba) e iniciar aos participantes no mundo da ornitoloxía; e aprender a recoñecer as aves máis comúns a través dos seus cantos.
Data: sábado 15 de abril
Lugar: A Tomba
Punto de encontro: https://maps.app.goo.gl/zGMPJpMsQ9qGfHD58
Horario: de 10.30 a 13.30 h. Duración da actividade: 3 horas

Idades: familias (cativada a partir de 6 anos)
Prazas: 20 persoas
Imparte: Corticata
Material: levar roupa que se poda manchar.
Recomendacións: roupa e calzado adecuado, gorro, protección solar, comida ou merenda se o precisa.

• Buscando o norte. Actividade de orientación con mapa. (Familiar).
Consiste en atopar unha serie de balizas (ou marcadores) dispostas sobre unha área determinada nunha contorna natural utilizando unicamente un mapa da zona e un compás.
Data: domingo 16 de abril
Lugar: A Tomba
Punto de encontro: https://maps.app.goo.gl/zGMPJpMsQ9qGfHD58
Horario: de 10.30 a 13.30 h. Duración da actividade: 3 horas
Idades: familias (cativada a partir de 8 anos)
Prazas: 30 persoas
Imparte: Anias, formación e xestión sociocultural
Material: roupa adecuada en función do clima e o terreo e ganas de pasalo ben.

• Actividade nocturna sobre mitoloxía galega. Lendas, contos e narracións mitolóxicas baixo o brillo das estrelas. (Familiar)
A través de narracións, lendas, contos, dramatizacións e explicacións presentaremos os seres mitolóxicos máis importantes da cultura galega. A sesión estruturase de xeito dinámico: intercalando contacontos, dramatizacións e dinámicas participativas coas explicacións ao redor dos mitos propios e específicos da nosa contorna.
Data: sábado 22 de abril
Lugar: A Tomba
Punto de encontro: https://maps.app.goo.gl/zGMPJpMsQ9qGfHD58

Horario: de 21.00 a 22.20 h. Duración da actividade: 1 hora e 10 minutos
Idades: familias (sen límite de idade)
Prazas: 25 persoas
Imparte: Ab Origine Antropoloxía: Rafael Quintía e Pili Silva
Material: sentarémonos no chan, polo que recomendamos que as familias leven unha manta ou esterilla (se hai algunha persoa con diversidade funcional pode levar unha cadeira ou calquera outra axuda técnica que precise)
Recomendacións: roupa de abrigo

• Ruta interpretativa co caderno de campo dos parques forestais (familiar)
Visita guiada por un biólogo e naturalista para observar e interpretar a natureza deste parque forestal na primavera e por en práctica algúns dos retos do novo caderno Descobre os Parques Forestais de Pontevedra. O caderno servirá as persoas visitantes dos parques forestais da cidade de Pontevedra como introdución para coñecer a súa biodiversidade.
Data: domingo 23 de abril
Lugar: A Tomba
Punto de encontro: https://maps.app.goo.gl/zGMPJpMsQ9qGfHD58
Horario: de 10.00 a 13.00. Duración da actividade: 3 horas
Idades: familias
Prazas: 30 persoas
Imparte: Ecoplanin, Xestión e Información Ambiental SL
Recomendacións: calzado axeitado para os camiños
Parque forestal do Pontillón do Castro

• A música na natureza. Obradoiro de instrumentos musicais (familiar)
Aprenderemos a construír instrumentos musicais partindo de materiais que nos achega a natureza. A actividade pretende difundir os usos tradicionais de outrora ligados a contorna.

Data: sábado 1 de abril
Lugar: O Pontillón do Castro
Punto de encontro: https://www.google.com/maps/place/
42%C2%B029’48.8%22N+8%C2%B037’02.2%22W/@42.496879,-8.617288,17z/data=!3m1!4b1!4m4!3m3!
8m2!3d42.496879!4d-8.617288
Horario: de 11.00 a 13.00 h. Duración da actividade: 2 horas
Idades: familias (cativada a partir de 5 anos)
Prazas: 20 persoas
Imparte: Corticata
Recomendación: roupa e calzado cómodo

• Observando macroinvertebrados. Os pequenos habitantes dos ríos (familiar)
Aprenderemos sobre os ecosistemas acuáticos de auga doce e coñeceremos aos habitantes máis pequenos dos nosos ríos como son os macroinvertebrados acuáticos. Estes animais, moitas veces descoñecidos, son fundamentais para o ecosistema do río e ademais permítennos avaliar o estado de saúde dun río.
Data: sábado 22 de abril
Lugar: O Pontillón do Castro
Punto de encontro: https://www.google.com/maps/place/
42%C2%B029’48.8%22N+8%C2%B037’02.2%22W/@42.496879,-8.617288,17z/data=!3m1!4b1!4m4!3m3!
8m2!3d42.496879!4d-8.617288
Horario: de 11.00 a 13.00 h. Duración da actividade: 2 horas
Idades: familias (cativada a partir de 6 anos)
Prazas: 20 persoas
Imparte: Corticata
Recomendación: calzado cómodo (pódense levar botas de auga), roupa adecuada, gorra e
protección solar.

• Iniciación ao kaiak (familiar)

Trátase dunha actividade que se pode realizar en familia e que consiste nunha pequena travesía en kaiaks dobres no encoro do Pontillón do Castro. Previo á realización da travesía, incidiremos nas medidas de seguridade e nunha pequena iniciación á actividade do kaiak.
Data: domingo 23 de abril
Lugar: O Pontillón do Castro
Punto de encontro: https://www.google.com/maps/place/
42%C2%B029’48.8%22N+8%C2%B037’02.2%22W/@42.496879,-8.617288,17z/data=!3m1!4b1!4m4!3m3!
8m2!3d42.496879!4d-8.617288
Horario: de 11.30 a 13.30 h. Duración da actividade: 2 horas
Idades: familias (cativada a partir de 7 anos)
Prazas: 30 persoas
Imparte: Corticata
Recomendación: roupa e calzado adecuado para a actividade (roupa para cambiarse), gorro, protección solar, comida ou merenda se o precisa, auga.

• A procura do tesouro. Geocaching en familia (familiar)
Un smartphone é todo o que se precisa para practicar para practicar o Geocaching, a versión dixitalmente asistida do clásico xogo da procura do tesouro. Persoas de todo o mundo agochan cachés e comparten as súas localizacións na internet, permitíndolle a outros buscadores e buscadoras vivir a aventura de atopalos..
Unha vez atopado un caché, todo o que se lle pide as persoas participantes é que asinen conforme o atoparon e o deixen onde estaba.
No mesmo día da actividade, antes de comezar a buscar, haberá unha breve explicación por parte do monitorado de como rexistrarse na páxina de geocaching e descargar a aplicación c:geo. Unha vez feito isto xa se poderá empezar a buscar os cachés.
Data: domingo 30 de abril
Lugar: O Pontillón do Castro
Punto de encontro: https://maps.app.goo.gl/d7cQfhBELzRwh6nU9
Horario: de 10.30 a 13.30 h. Duración da actividade: 3 horas

Idades: familias (cativada a partir dos 6 anos)
Prazas: 30 persoas
Imparte: Anias, formación e xestión sociocultural
Material: Smartphone con batería cargada, lapis ou bolígrafo para asinar, roupa adecuada en función do clima e o terreo e ganas de pasalo ben en familia.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas