HomePontevedraO CondadoXa en marcha a 3ª Residencia de Artistas Artistea

Xa en marcha a 3ª Residencia de Artistas Artistea

- Anuncio -spot_img

Esta mañá a alcaldesa de Ponteareas Nava Castro e a concelleira de emprendemento Silvia Fdez.Táboas, deron a benvida aos participantes da 3ª Residencia de Artistas Artistea.

As e os seis artistas participantes nesta edición, chegados dende Ponteareas e tamén desde diferentes puntos de Galicia e Bilbao, comezan así 14 días de creación arredor do Corpus Christi e da arte efémera.

A alcaldesa explicou que “tedes por diante varios días para mergullarvos na nosa tradición e na vida local para dar forma a proxectos únicos. Non podemos estar máis contentos de que esteades aquí e moi ilusionados por apoiarvos nos vosos traballos.
Agardamos que Ponteareas vos inspire na vosa creación artística e nos ofrezades esa nova perspectiva das celebracións do Corpus”.

A concelleira detallou que “agardamos que esta experiencia vos sirva para coñecervos e que intercambiedes experiencias e vivencias. Estas residencias fortalecen as redes creativas e o vínculo da arte coa nosa vila. Queremos seguir ofrecendo espazos de investigación, expresión e diálogo entre artistas e comunidade”.

Os creadores e creadoras participantes nesta terceira edición comporán as obras “Flux Bloom”; “Cai na agua e rompe, cai no panallo e non rompe”; “Natureza e lembranzas”, “Sementes do tempo” e “Bágoas de Arxila”.

Publicacións Relacionadas