Xa está aberto o prazo de consulta das listas do censo electorial para as eleccións xerais do 29 de novembro

Redacción
  • As listas poderán consultarse ata o 19 de outubro na oficina do Padrón Municipal, en horario de 9:00 a 14:00 horas, previa identificación da persoa interesada
  • Recoméndase revisar os datos censuais, especialmente no caso de persoas que cambiaran de domicilio recentemente ou que cumpriran os 18 anos, para garantir a correcta inscrición e poder exercer o dereito ao voto

A Guarda, 13 de outubro do 2026 – O Concello da Guarda informa de que, con motivo da convocatoria das eleccións do vindeiro 29 de novembro de 2026, as listas do censo electoral estarán expostas para consulta ata o 19 de outubro co obxectivo de que a veciñanza poida comprobar os seus datos censuais.

A consulta poderá realizarse na oficina do Padrón Municipal, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Para garantir a protección dos datos persoais, a consulta deberá efectuarse de xeito individual e previa identificación da persoa interesada mediante DNI, pasaporte ou permiso de conducir.

Así mesmo, as persoas interesadas poderán consultar o censo electoral por vía telemática a través da sede electrónica do Instituto Nacional de Estatística (INE), identificándose mediante o sistema Cl@ve.

O Concello recomenda especialmente comprobar a correcta inscrición no censo electoral ás persoas que cambiaran de domicilio recentemente e a aquelas que cumpriran os 18 anos nos últimos meses, co obxectivo de verificar que os seus datos están actualizados e que figuran correctamente nas listas electorais.

Comparte este artigo