As pistas da Palma acollen cada verán aos amantes do básquet 3×3, que durante dous días, gozan de bonitas e intensivas xornadas de baloncesto, de competición e do bo ambiente que se vive en cada edición deste Torneo. Organizado polo Club Baloncesto Baiona, volve así uno os clásicos torneos de verán ao mítico parque baionés, unha oportunidade para poder gozar do bo baloncesto.
Haberá competición para todos e todas, dividindo nestas categorías: Adulto masculino, adulto feminino, sub16 mixto, sub12 mixto e veteranos (+40 anos). Todos os partidos dirixidos por árbitros federados.
Coa colaboración da Pebida e Villa Rosa, A Caixa e o Concello de Baiona, cada ano leva a cabo este Torneo que acolle a máis de 140 participantes, e onde haberá premios repartidos entre todos eles:
Agasallo de camisetas para todos os equipos participantes
Sorteo de agasallos durante o evento
Árbitros federados en todos o partidos
Trofeo + tickets agasallo para os vencedores de cada categoría

