Free Porn
xbporn
Home O Ribeiro Avión A aldea de Cortegazas no bo Camiño.

A aldea de Cortegazas no bo Camiño.

- Anuncio -

O proxecto da Aldea Modelo de Cortegazas, enmarcado na Lei 11/2021 de recuperación da terra agraria de Galicia, foi respaldado polo Consello de Dirección de AGADER e declarado aldea modelo mediante acordo o 23 de agosto de 2022. A visita dos técnicos, encargados de avaliar o progreso e a calidade da obra, foi un paso significativo no proceso de desenvolvemento de Cortegazas.

Unha aldea modelo é un tipo de instrumento de recuperación da terra agraria que ten como obxectivo poñer en produción, de xeito sustentable, as terras abandonadas de alta capacidade produtiva que rodean os núcleos de poboación, contribuíndo así á creación de actividade agrogandeira e á redución do risco de incendios.

Tras a exhaustiva revisión, levouse a cabo a sinatura do acta no despacho do alcalde. O alcalde expresou o seu entusiasmo e visión positiva respecto a estes proxectos, destacando a inmensa oportunidade que representan para os pobos que enfrontan o desafío do abandono continuo, posibilitando o desenrolo de actividades agrícolas ou gandeiras que favorezcan e impulsen o retorno de xente no rural.

“Estamos comprometidos a brindar aos nosos pobos rurales abandonados unha segunda oportunidade”, afirmou o alcalde na cerimonia de sinatura. “Este proxecto de ordenación produtiva en Cortegazas é un exemplo de como podemos transformar e revitalizar estas comunidades. Vemos nel unha oportunidade económica significativa, non só para o presente, senón tamén para o futuro sostible da nosa rexión”.

A aldea modelo de Cortegazas, ao declararse como tal, converteuse nun foco de atención e esperanza para aqueles que creen na viabilidade e no renacemento das áreas rurais. A ordenación produtiva non só busca mellorar a produtividade agraria, senón tamén xerar oportunidades económicas sostibles que fomenten o arraigo da poboación e asemesmo frear os incendios forestais.

O proxecto atópase actualmente pendente da convocatoria de adxudicación, permitindo á comunidade local e outros interesados presentarse e beneficiarse desta iniciativa.

AGADER continuará traballando estreitamente coa comunidade para garantir o éxito e a sustentabilidade a longo prazo deste ambicioso proxecto.

Relacionadas

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

Crystal Fighters, Vetusta Morla e Xoel López encabezan o Festival Noroeste Estrella Galicia, que...

0
Inés Rey: “Estamos ante unha edición moi especial e renovada que ofrecerá máis de 50 espectáculos á cidadanía” O festival contará con dúas novas sesións...

O alcalde de Ourense recibe a xogadora ourensá internacional Carlota Álvarez

0
A xogadora do Club Hockey Albor de Ourense vén de proclamarse subcampiona de Europa sub 21 de hockey herba O alcalde de Ourense, Gonzalo P....

Comezan catro días de festas na Ponte na honra de Santiago Apóstolo

0
Os festexos desenvolveranse desde o mércores 24 ao sábado 27 de xullo Os locais de hostalería ampliarán o seu horario por un máximo de dúas...

A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 8 acordos na súa sesión ordinaria...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adoptou 8 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar ás 8.30 h...

Publicacións Relacionadas