Home Sin categoría Ambar abre as inscricións para a 10ª Carreira pola Diversidade

Ambar abre as inscricións para a 10ª Carreira pola Diversidade

- Anuncio -

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional xa ten abertas as inscricións da 10ª Carreira pola Diversidade. A Carreira terá lugar o domingo 14 de xullo ás 10:00h na explanada de Coroso, Ribeira. Un evento promovido pola entidade que pon en valor a práctica deportiva das persoas con diversidade funcional, visibilizando as categorías inclusivas e ofrecendo un evento participativo.
A Carreira contará cas modalidades de 5km absoluta, zapatilla inclusiva, cadeira de atletismo e hand bike. Paralelamente terá lugar unha andaina a cal se pode realizar con ou sen mascota, unha novidade que comezou na novena edición. Despois da proba xeral comezará o turno das probas infantís por grupos de idade.

Ademais, todas aquelas persoas que non poidan participar nas modalidades ofertadas e desexen colaborar con Ambar poden facelo a través do Dorsal 0, unha cota solidaria para apoiar as iniciativas da entidade.

Inscricións

A inscrición pode realizarse dende xa en cronotec.es ata esgotar prazas ou no seu defecto ata o 9 de xullo ás 23:59h. Nesta mesma páxina pódese inscribir ós máis cativos na proba infantil, inscribirse na modalidade de andaina ou colaborar co “Dorsal 0”.

A cota de inscrición é de 7,50€, agás na proba infantil que é gratuíta.

As modalidades de inscrición son as seguintes:
• Modalidade Absoluta mixta 5km.
• Modalidade Inclusiva 5km. Poderán inscribirse nesta categoría todas as persoas con diversidade intelectual, sensorial ou motriz que non se inclúan en ningunha das outras modalidades. HANDBIKE e CADEIRA DE ATLETISMO.
• Andaina con ou sen mascotas 3,3 km.
• Proba infantil, nenas e nenos dos 0 ós 15 anos.
Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional Lg de Granxa, 5 – San Roque, 15967 Ribeira (A Coruña) 981 875 475 |607 356 550

10º Aniversario da Carreira pola Diversidade

A Carreira pola Diversidade naceu no 2015. A proba supuxo todo un avance na comarca ó tratarse dunha competición inclusiva que incluía as modalidades hand bike e cadeira de atletismo, excluídas na maioría das probas de Galicia.
Mila López Vernet, Álvaro Illobre, Álex Ferradás e José Manuel de la Iglesia, deportistas paralímpicos, son asiduos á competición dende os seus inicios.

Así mesmo para a promoción da Carreira nas diferentes anualidades Ambar contou co respaldo de grandes atletas e deportistas como Desirée Vila, Fabián Roncero, Jesús de la Osa, Fernando Romay, Killian Jornet, Marta Arce, Sabela Pensado, Alberto Boo e Carlos Brión.
10 polo menos

Este ano as persoas usuarias de Ambar realizaron un quecemento especial con motivo do décimo aniversario do evento, convidando á comunidade. Xa presentaron o 10º reto dez polo menos e animan a todo o mundo a cumplilo ����

Os vídeos con todos os retos están dispoñibles na canle de Youtube de Ambar

Relacionadas

A Xunta contribúe, no marco da Rede de Polos, ao asesoramento en comunicación e...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou na xornada de clausura de Alento, programa impulsado polo Goberno galego e...

A Bibioteca Municipal de Baiona celebra o Día das Escritoras con “Encontros coa escritora...

0
A concellería de Cultura do Concello de Baiona, a través da Biblioteca Pública Municipal, celebra o Día das Escritoras, coa celebración dunha actividade que...

Rueda destaca o gran futuro do Camiño Portugués que xa é a Ruta Xacobea...

0
 Asegura que hai marxe a seguir medrando sen perder a esencia e aposta por promover a desestacionalización  O Camiño Portugués e a súa...

A Aula da Natureza de Cabo Udra acolle este outubro novas actividades medioambientais

0
• Os eventos desenvolveranse na propia Aula e na súa contorna e haberá propostas para todos os públicos • As persoas que desexen participar deberán...

Discamino súmase á edición máis inclusiva da carreira de empresas de Galicia-Interrruning

0
● O evento deportivo organizado por Interrunning Club en colaboración co Concello do Porriño apoiará Bicos de Papel, a AECC e o programa municipal...

Dez servizos turísticos do destino SICTED “Trevinca-Valdeorras” reciben o distintivo de “Compromiso de Calidade...

0
O presidente da Deputación, Luis Menor, participou esta tarde no Castelo de O Bolo, xunto ao alcalde do municipio, Alberto Vázquez; e ao director...

Publicacións Relacionadas