Home Vigo Baiona Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

- Anuncio -

A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o “Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e Espazos Acuáticos en Galicia”.

O curso levará a cabo en Baiona grazas ao interese e compromiso mostrado polo Concello de Baiona. Desde a Concellería de Medio e a Concellería de Mocidade, traballouse estreitamente coa Xunta e a Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia para organizar as aulas e o resto de instalacións necesarias para o desenvolvemento do curso. As clases teóricas impartiranse no Multiusos Ángel Bedriñana, mentres que algunhas das prácticas, realizaranse na Piscina Mancomunada do Val Miñor e nas praias do municipio.
Este curso formativo, totalmente gratuíto, ten como obxectivo proporcionar aos mozos unha oportunidade de formación e desenvolvemento profesional no ámbito do socorrismo, co fin de abrir portas a futuras oportunidades laborais.
O prazo de inscrición estará aberto desde o 18 de abril ata o 26 de abril de 2024. O curso desenvolverase desde o 3 de maio ata o 15 de xuño, cunha duración total de 120 horas das cales 70H son teóricas, 30H prácticas en praias e 20H prácticas en piscina. A proba específica de acceso levará a cabo o 3 de maio ás 16:00H.
As prazas son limitadas e están destinadas a persoas maiores de 18 anos que posúan o título de Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Os interesados deberán enviar por correo electrónico o seu título de graduado en ESO a formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal durante o período de solicitudes.
A selección dos participantes realizarase seguindo os seguintes criterios:

  1. Orde de entrada da solicitude de inscrición.
  2. Reserva do 30% das prazas para voluntarios/as activos/as nunha agrupación ou asociación de voluntarios de protección civil que superasen o curso básico de protección civil.
  3. Reserva do 50% das prazas para solicitantes mulleres que cumpran cos requisitos establecidos.
    No caso de que non se complete a reserva de prazas segundo os criterios 2 e 3, completarase co resto de solicitudes dispoñibles.
    O alumnado admitido deberá contar co seguinte material: gorro e lentes de natación, bañador, chanclas, aletas e útiles persoais de aseo.
    Para inscribirse pulse a ligazón: Curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia | Academia Galega de Seguridade Pública (xunta.gal)

Relacionadas

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Seis alcaldes asinan, no Castelo de Soutomaior, o convenio de Protección Civil Oitavén –...

0
A nova agrupación de Protección Civil Oitavén -Tea, con base en Soutomaior e en Mondariz, é a agrupación máis grande de toda Galicia. Esta mañá,...

Luis López defende o uso do galego como vehículo de unión, identificación e defensa...

0
O vestíbulo do Pazo provincial foi escenario dun recital de poemas e textos de Luisa Villalta como homenaxe á autora á que se lle...

Mos racha co idadismo e vólcase en iniciativas interxeracionais

0
O alumnado dos CEIPs do municipio participa en actividades no Centro de Día de Torroso Con motivo da celebración do primeiro aniversario do Centro de...

A Eurocidade Tui-Valença será sede do I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de...

0
Celebrarase o luns 27 e martes 28 de maio contando con conferencias e exposicións de medios A Eurocidade Tui-Valença e o SinFAP, Sindicato Portugués de...

Publicacións Relacionadas