Home A Paradanta A Cañiza Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana 1,5 millóns de...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana 1,5 millóns de € para impulsar investimentos, afrontar gasto corrente e contratar a 8 persoas en nove concellos

- Anuncio -

Os novos recursos beneficiarán aos concellos da Cañiza, Cangas, Marín, Pontecesures, Redondela, Ribadumia, Vilagarcía e Vilanova de Arousa

A Deputación acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar 1,5 millóns de euros para que nove concellos da provincia impulsen novos investimentos, afronten gasto corrente e contraten a 8 persoas ao abeiro das tres primeiras liñas do Plan +Provincia. En concreto, benefícianse destes recursos A Cañiza, Cangas, Marín, Pontecesures, Redondela, Ribadumia, Vilagarcía e Vilanova de Arousa. O presidente provincial, Luis López, asegurou que o goberno provincial segue “tendendo pontes cos concellos e avanzando no reparto de fondos do Plan +Provincia: este ano xa aprobamos preto de 18 M € para os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes”.

No marco da liña 1, de investimentos, a Xunta de Goberno aprobou preto de 1,26 millóns de euros para seis concellos: A Cañiza, Marín, Pontecesures, Redondela e Vilagarcía de Arousa. Desta maneira, A Cañiza contará con 77.081 € para realizar obras de acondicionamento de ximnasio no interior do pavillón de deportes e Redondela 315.553 € para a fase 2 da construción da senda verde na antiga vía férrea. Ademais, Vilagarcía disporá de 310.000 € para investir en dous proxectos: por unha banda, 214.220 € para a mellora de acceso ao Piñeiro pola rúa Wenceselao Fernández Flórez, e, pola outra, 95.787 € para a ampliación da rede de saneamento e de abastecemento nun tramo do Camiño da Regueira en Fontecarmoa.

No caso de Marín e Pontecesures as obras serán financiadas ao 100% pola Deputación grazas a outros mecanismos provinciais de financiación. Desta maneira, o investimento en Marín será de preto de 1,2 millóns de euros para a mellora da mobilidade peonil na EP-1203 O Campo-Pardavila (365.000 € do Plan +Provincia, e 835.000 € comprometidos a través dun convenio de infraestruturas) e en Pontecesures de 350.000 € para o acondicionamento da contorna da estación de tren (case 120.000 € do Plan +Provincia e o importe restante, 230.000 € do PON2030).

No caso da liña 2, de gasto corrente, o presidente provincial informou que a Xunta de Goberno da Deputación acaba de aprobar 160.000 euros para os concellos de Cangas e Vilanova de Arousa. En concreto, Cangas recibe 90.000 € para as Festas do Cristo 2024 e Vilanova de Arousa 71.782 € para a Festa do Momo (21.371 €), Sonatas de verán (21.371 €) e para a promoción de actos culturais do Concello (296.040 €).

Por último, ao abeiro da liña 3, de activación de emprego, a institución provincial aproba esta semana 117.774 euros para que Ribadumia contrate a oito traballadores. En concreto, serán tres peóns de obras públicas, dous mozos de recollida do lixo, un oficial albanel, un monitor de ocio e tempo libre e un técnico de urbanismo.

Relacionadas

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Seis alcaldes asinan, no Castelo de Soutomaior, o convenio de Protección Civil Oitavén –...

0
A nova agrupación de Protección Civil Oitavén -Tea, con base en Soutomaior e en Mondariz, é a agrupación máis grande de toda Galicia. Esta mañá,...

Luis López defende o uso do galego como vehículo de unión, identificación e defensa...

0
O vestíbulo do Pazo provincial foi escenario dun recital de poemas e textos de Luisa Villalta como homenaxe á autora á que se lle...

Mos racha co idadismo e vólcase en iniciativas interxeracionais

0
O alumnado dos CEIPs do municipio participa en actividades no Centro de Día de Torroso Con motivo da celebración do primeiro aniversario do Centro de...

A Eurocidade Tui-Valença será sede do I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de...

0
Celebrarase o luns 27 e martes 28 de maio contando con conferencias e exposicións de medios A Eurocidade Tui-Valença e o SinFAP, Sindicato Portugués de...

Publicacións Relacionadas