· A reforma e ampliación do CHUO, que alcanzará un importe global próximo a 56 millóns de euros, “vai permitir ofrecer as mellores instalación e servizos sanitarios ás próximas xeracións de ourensáns”, destaca o presidente provincial do PP
· Esta actuación é un paso máis no documento que contén doce medias de interese para a cidadanía da capital e a súa área de influencia, “e que está a demostrar que non só é un compromiso real, senón que avanza con pasos firmes e concretos”
· “Desde o primeiro momento afirmei que sería leal co goberno de Galicia, tanto desde a presidencia do partido como da Deputación, pero tamén reivindicativo co que considero que nos corresponde en xustiza para o conxunto da provincia”, engade Menor
O presidente do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, aplaude a “firme aposta” que realiza la Xunta de Galicia pola mellora da atención sanitaria en Ourense e que se reflicte no anuncio realizado esta mañá pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, que avanzou a construción dun novo edificio que unificará todos os servizos do hospital materno infantil do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
Luis Menor subliña que este anuncio é un paso máis no cumprimento do denominado “Compromiso pola cidade de Ourense”, asinado polo propio Luis Menor e o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, durante la campaña electoral das autonómicas.
Un documento, incide o presidente provincial, que contén doce medias de interese para a cidadanía da capital e a súa área de influencia, “e que está a demostrar que non só é un compromiso real, senón que avanza con pasos firmes e concretos”.
O novo edificio de hospitalización e ambulatorio que unificará os servizos do materno infantil constitúe un paso máis na reforma, ampliación e modernización do CHUO, no que o Goberno galego investirá preto de 56 millóns de euros. Un proxecto histórico que, segundo afirma Luis Menor, “vai permitir ofrecer as mellores instalación e servizos sanitarios ás próximas xeracións de ourensáns”.
Luis Menor destaca que o anuncio realizado pola conselleira súmase ao resto dos compromisos adoptados polo presidente Alfonso Rueda con Ourense en materia de sanidade e tamén reflectidos no citado documento, como a reforma do centro de saúde Novoa Santos para acoller o futuro Centro Integral de Saúde; a e implantación de novas unidades de ICTUS e PET; o novo acceso ao CHUO desde a N-525; ou o futuro centro de saúde de Mariñamansa, nos terreos que a Deputación de Ourense porá a disposición da Xunta.
“Desde o primeiro momento afirmei que sería leal co goberno de Galicia, tanto desde a presidencia do partido como da Deputación, pero tamén reivindicativo co que considero que nos corresponde en xustiza para o conxunto da provincia”, engade Menor.