Home Sin categoría O Concello conmemora o Día da Poesía con dez obradoiros sobre Luísa...

O Concello conmemora o Día da Poesía con dez obradoiros sobre Luísa Villalta e un recital de Lucía Aldao e Andrea Nunes

- Anuncio -

As Bibliotecas Municipais inician en redes sociais unha campaña para dar a coñecer a autoras e autores emerxentes

O Concello da Coruña conmemora o Día da Poesía, que terá lugar este xoves, 21 de marzo, cunha serie de actividades abertas á cidadanía. Ademais, as Bibliotecas Municipais iniciaron en redes sociais a campaña ‘Palabras aladas’, coa que buscan dar a coñecer entre os coruñeses e coruñesas a diferentes autoras e autores emerxentes e cuxas obras están dispoñibles no catálogo de préstamos das bibliotecas.
Por unha banda, unha das accións postas en marcha polo Concello ten como principal destinatario as 220 persoas que participan nos clubs de lectura da rede. Trátase de dez obradoiros de poesía sobre a figura de Luísa Villalta, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Hoxe será o primeiro obradoiro, que será aberto ao público e cuxa inscrición xa está pechada, na biblioteca da Sagrada Familia.
O fin destes obradoiros é achegarse á figura da poeta facendo un percorrido pola súa vida e creación literaria dun xeito sinxelo pero activo e participativo. O obxectivo será revelar as chaves da súa poética relacionadas coa música, o pensamento, a propia literatura e a cidade da Coruña xunto co seu forte compromiso social. Todo isto co fin de descubrir unha poeta cun fortísimo vínculo coa cidade que pon en palabras unha cartografía emocional.
Por outra banda, terá lugar o recital poético ‘Déboche unha’, con Lucía Aldao e Andrea Nunes. Será este xoves, 21 de marzo, ás 19.00 horas na Biblioteca Municipal de Durán Loriga. As dúas autoras xúntanse neste recital para pagar, por fin, con esta lectura-homenaxe, a súa débeda coa poesía. Compartirán con todo o público asistente a escolma dos textos que lles fixeron amar a literatura e conciliar coa vida, esas primeiras lecturas nas que celebraron atoparse.

Relacionadas

María Fernández Sandoica presenta o seu poemario na Pobra

0
María Fernández Sandoica presenta na Pobra do Caramiñal o seu poemario Todo lo que no confundimos por amor. O acto terá lugar no 3...

Salcedo, nova parada no roteiro de Domínguez polas parroquias de Pontevedra

0
• O líder da oposición visita a execución das obras do novo campo de fútbol, a restauración da igrexa parroquial e os problemas de...

A Xunta reafirma o compromiso coa loita contra o narcotráfico a través do Servizo...

0
Este servizo permite axilizar a actividade das unidades xudiciais encargadas destes asuntos, reducir os custos do depósito e xestión dos activos comisados e fomentar...

Mos desenvolve un proxecto senlleiro para a posta en valor da Aldea Alfacuca

0
Forma parte do programa CoidaMOS da concellería de Medio Ambiente mosense A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente mosense, Laura...

O Orzamento municipal non recibe alegacións e aprobarase definitivamente

0
O proxecto orzamentario ascende a 16,3 millóns de euros, o que supón un incremento de cerca dun millón de euros máis ca no 2023 O...

O CEIP da Lama celebra o “Día do Libro” co I Encontro Escolar “Letras...

0
O Concello colabora coa organización e estará presente cun stand da Biblioteca, a OMIX e Radio Nova. Haberá actividades de animación á lectura, xogos, contacontos...

Publicacións Relacionadas