Home O Morrazo Bueu O concello de Bueu organiza do 26 de abril ao 5 de...

O concello de Bueu organiza do 26 de abril ao 5 de maio as ‘Xornadas de exaltación do Polbo de Bueu’

- Anuncio -

• Na iniciativa participan trece locais hostaleiros que ofrecerán unha gran variedade de pratos elaborados con este cefalópodo

• Haberá actuacións de charangas, rutas guiadas sobre a historia do polbo, exposición sobre artes de pesca e homenaxe ao artista local Luís Davila coa inauguración dunha escultura

O Concello de Bueu, coa colaboración da Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu e a hostalaría da vila, promove as “Xornadas de Exaltación do Polbo de Bueu”, un evento gastronómico e de promoción do produto local que se celebrará do 26 de abril ao 5 de maio e no que participarán trece establecementos culinarios.

Ao longo desa semana, as persoas que se acheguen poderán gozar de arredor dunha vintena de especialidades elaboradas polos restaurantes da vila co polbo como protagonista, dende o tradicional ‘polbo á feira’ ata propostas máis innovadoras. E para amenizar o ambiente, tamén se programarán actuacións de charangas musicais pola rúa e pola propia hostalaría, con grupos como Noroeste, Alambique, Os Jaláticos ou Retrouso de Cela.
Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, salientou na rolda de prensa celebrada hoxe que “non podemos falar de Bueu sen o mar e sen as nosas xentes mariñeiras”. As Xornadas substitúen á Festa do Polbo, que levaba xa unha vintena de edicións ás costas e que demandaba un cambio de formato. Ante iso, dende o Concello e conxuntamente coa Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu, anunciouse a suspensión da festa o pasado ano e comezouse a traballar nesta proposta novidosa.

Dado que o obxectivo da festa é seguir promovendo o polbo de Bueu, o Concello, man a man coa Confraría, subvencionará unha parte do prezo do produto, co obxectivo de que se poidan manter os prezos populares para as persoas consumidoras.
José Manuel Rosas, Patrón Maior da Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu, avanzou que “penso que o éxito está asegurado, pois o produto é de primeira calidade e os locais participantes teñen un máster en bo facer”, e agradeceu ao Concello e á concelleira de promoción económica e turismo “a preocupación para que o noso polbo, que é o mellor do mundo, teña o recoñecemento que se merece”.

As xornadas arrancarán este venres con diversas propostas nos locais O Rincón de Cela, Pyramis, Casa Benito, Volver, Noite Tapas, Casa Quintela, A Taberna de Casa Videira, Cafetería do Centro Social, O Pazo, Buena Vibra, Pan non Noah, A Centoleira e Zarzamora. Tamén ao longo da semana, na Sala Amalia Domínguez Búa poderase ver unha exposición sobre artes de pesca do Patrón Maior, José Manuel Rosas.

O 4 de maio terá lugar un dos eventos máis especiais: a homenaxe a Luís Davila, artista local recoñecido polas súas míticas viñetas de ‘O Bichero’. Ese día nos Xardíns de María Eugenia descubrirase unha escultura deseñada por Davila, nun acto que se celebrará ás 12.30 horas. Sobre esta homenaxe, Silvia Carballo destacou que “Davila é para nós un referente e un orgullo, e por iso queremos que esta escultura estea aquí e vinculada ao noso mar, que tan importante é para Bueu”.

A Illa de Ons tamén será protagonista, cunhas xornadas do polbo que se desenvolverán o 5 de maio nos locais O Pirata, Casa Checho e Casa Acuña.

E para as persoas que desexen coñecer os espazos do polbo, organízanse as dúas rutas guiadas “Bueu e o polbo”, que serán o 28 de abril e o 3 de maio ás 10 horas, e para as que se necesita inscrición previa de balde a través dun formulario web ou no teléfono 986390029.

Relacionadas

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Seis alcaldes asinan, no Castelo de Soutomaior, o convenio de Protección Civil Oitavén –...

0
A nova agrupación de Protección Civil Oitavén -Tea, con base en Soutomaior e en Mondariz, é a agrupación máis grande de toda Galicia. Esta mañá,...

Luis López defende o uso do galego como vehículo de unión, identificación e defensa...

0
O vestíbulo do Pazo provincial foi escenario dun recital de poemas e textos de Luisa Villalta como homenaxe á autora á que se lle...

Mos racha co idadismo e vólcase en iniciativas interxeracionais

0
O alumnado dos CEIPs do municipio participa en actividades no Centro de Día de Torroso Con motivo da celebración do primeiro aniversario do Centro de...

A Eurocidade Tui-Valença será sede do I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de...

0
Celebrarase o luns 27 e martes 28 de maio contando con conferencias e exposicións de medios A Eurocidade Tui-Valença e o SinFAP, Sindicato Portugués de...

Publicacións Relacionadas