Home Ourense O Carballiño O Grupo Popular presenta moción ao pleno para que o alcalde aclare...

O Grupo Popular presenta moción ao pleno para que o alcalde aclare que está pasando coa ampilación do Gran Balneario do Carballiño

- Anuncio -

O Alcalde ten que aclararlle aos veciños si existe un proxecto presentado ante o Concello e si se solicitaron fondos para executar as obras.

O Gran Balneario de O Carballiño, con mais de 200 anos de historia, é sen dúbida o xermolo do turismo no Carballiño, e aínda hoxe segue a ser un dos seus motores, xunto co Parque Municipal e o Templo da Veracruz. Para evitar o seu esmorecemento, tanto os seus propietarios coma o Concello chegaron a conclusión de que e necesaria a súa reforma para devolverlle o pulo que sempre tivo e que tantos beneficios trouxo para o Carballiño e a súa comarca.

Froito de ese sentir foi a modificación Puntual do Plan Xeral que se aprobou definitivamente no ano 2017 e que permite levar a cabo as reformas necesarias, xa que autoriza a construción de piscinas descubertas e tamén de un Hotel Balneario. Tras a aprobación da modificación puntual o Alcalde, supoñemos que tras falar cos propietarios, di que espera que as obras comecen no mes de outubro de ese mesmo ano 2017.

Obviamente as obras non comezan, pero un ano despois, o 7 de Novembro de 2018, o Alcalde anuncia que os propietarios do Balneario rexistraron en dependencias municipais un proxecto, redactado polo arquitecto carballiñés Manuel Gallego Jorreto, e que contempla a creación de unha piscina climatizada, unha cafetería e outros servizos, todo elo por un importe previsto de 3.400.000 euros. En palabras do Alcalde o avance do proxecto tiña o visto bo de Patrimonio, aínda que faltaba o informar sobre a proposta definitiva.

Pero tampouco sabemos nada de este proxecto, e non é hasta o mes de xuño de 2021 cando o Alcalde reunido co Presidente da Deputación e co Xerente do Balneario anuncian que presentarán un proxecto de reforma integral do Gran Balneario para a obtención de fondos “Next Generation” por un importe total de 4.000.000 de euros, dos que 1.600.000 estarían destinados a unha piscina cuberta no soto do edificio, e incluiría tres piscinas descubertas, cafetería e restaurante.

Non sabemos se chegou a presentar ese proxecto para a obtención de fondos europeos, pero en decembro do 2022 o Alcalde anuncia a concesión polo Goberno Central de fondos “Next Generation” para un Plan de Sostibilidade Turística en Destino denominado “O Carballiño e a gastronomía do Pulpo”, e que se destinarían a financiación da ampliación do paseo fluvial e da iluminación da Veracruz, como obxectivos máis relevantes, aínda que tamén se mellorarían as Pallozas, o Parque Etnográfico, a Fábrica de Papel, sinalización turística intelixente, etc… Di tamén que todo está pendente de unha reunión do Alcalde e do Concelleiro de turismo cos responsables do Goberno, que se celebraría a mediados de xaneiro de 2023, e que serviría para “iniciar a parte operativa do plan”. Nada se fala de fondos para o Balneario, si se pediron, se concederon ou denegaron, ou se aínda se está a espera da resolución.

A realidade e que catro anos e medio despois da modificación do planeamento, e de os anuncios do Alcalde sobre o proxectos presentados aínda nada sabemos sobre a concesión de licencias, informes de patrimonio, ou concesión de fondos para as obras. Non nos parece posible que co tempo transcorrido desde que o Alcalde anunciou que se había solicitado a licencia aínda non se concedese ou denegase, polo que compre agora que se aclaren esta cuestións.

¿Presentouse o proxecto de Gallego Jorreto ante o Concello? ¿Informouno patrimonio? ¿Concedeuse ou denegouse a licenza de obras? ¿Solicitouse a inclusión do financiamento do proxecto nos fondos Next Generation?

En fin, compre que o Alcalde explique os veciños a situación en que se atopa o proxecto, as conversacións e acordos cos propietarios, e os pasos que se van seguir para acadar a necesaria modernización do Gran Balneario do Carballiño.

Relacionadas

O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a...

0
Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no...

A Xunta de Goberno Local concede 4 licenzas urbanísticas na súa sesión ordinaria desta...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe conceder 4 licenzas urbanísticas, para os proxectos de adaptación...

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación colabora con Adegal para dar formación e asesoramento a agricultores e gandeiros...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo no Pazo Provincial un encontro cos representantes da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da...

Publicacións Relacionadas