Home Sin categoría O Grupo Socialista reclama axilidade na tramitación do centro polivalente do Ensanche:...

O Grupo Socialista reclama axilidade na tramitación do centro polivalente do Ensanche: “hai 23.000 maiores potenciais usuarios dun espazo que fomente un envellecemento activo”

- Anuncio -

O Grupo Socialista reclama axilidade na tramitación do centro polivalente do Ensanche: “hai 23.000 maiores potenciais usuarios dun espazo que fomente un envellecemento activo”

  • A concelleira Marta Álvarez insta ao goberno local a redactar un regulamento de uso que regule o seu funcionamento
  • “Defendemos que sexa un lugar para promocionar a convivencia e a solidariedade para combater a soidade non desexada” afirma

O grupo socialista demanda axilidade na tramitación do centro polivalente de maiores previsto no Ensanche. Unha actuación que se iniciou durante o goberno socialista, conseguindo a cesión do antigo local da Seguridade Social en San Pedro de Mezonzo, co propósito de crear nese espazo un local con diferentes actividades para “fomentar un envellecemento activo e combater a soidade non desexada”.

A concelleira Mila Castro reclamoulle ao executivo de Sanmartín que “apuren os prazos para que as persoas maiores do Ensanche e de todo Santiago teñan ese centro aberto canto antes”. Ademais, a que fóra responsable de Políticas Sociais durante o mandato socialista insistiu en que hai outras cuestións nas que se pode ir avanzando, e que non dependen dos tempos da administracións, como é a redacción do regulamento de funcionamento do propio centro.

“Aínda que é certo que o goberno local manifestou a súa vontade de darlle continuidade a este proxecto, o certo é que xa van 8 meses de goberno e este proxecto segue sen estar aprobado, o único que temos enriba da mesa é un anteproxecto” denuncia Castro, que se amosou favorable a incorporar o carácter interxeracional ao proxecto que propoñen desde Compostela Aberta: “é unha cuestión coa que nós podemos concordar, sempre é bo mellorar o proxecto, pero saquémolo adiante”.

Nunha rolda de prensa conxunta, na que ademais de Castro, participou a tamén edil socialista, Marta Álvarez, afeáronlle ao executivo local que dera o remate do 2023 como prazo para ter un proxecto aprobado: “van xa tres meses do 2024 e segue sen estar, por iso pediremos no pleno que se impulse este procedemento e que se nos informe do estado no que se atopa”.

Un regulamento de funcionamento que defina as utilidades do centro

A concelleira Marta Álvarez insistiu tamén na idea de avanzar naquelas cuestións que non dependan dos tempos administrativos, como é a redacción e aprobación dun regulamento de funcionamento. Nel, explica a edil socialista, téñense que establecer as bases de como funcionaría o centro, recursos humanos e materiais, así como definir os procedementos para “fomentar a participación e convivencia entre usuarios, persoal da administración e servizos na vida do centro”. Tamén as relacións do mesmo coa súa contorna.

“O espírito deste servizo ten que ser o de crear un espazo para promocionar a convivencia, a solidariedade e axuda mutua” explica Álvarez, que avoga por un “enfoque participativo” á hora de definir o funcionamento do centro: “trátase de combater a soidade non desexada a través do desenvolvemento sociocultural e a ocupación de tempo libre”.

A preguntas dos xornalistas, as socialistas defenderon a opción dunha xestión municipal do espazo, aínda que defenden que se poida concertar con outras entidades ou asociacións locais a posta en marcha de servizos e actividades. Recorda Mila Castro que na idea orixinal estaba a creación dunha sala de lectura con ordenadores, e outros espazos de usos múltiples que puidesen acoller  cursos de achegamento ás novas tecnoloxías, obradoiros ou realizar saídas culturais.

23.000 persoas maiores de 65 anos en Compostela: o 20% viven soas

As socialistas tiraron de datos para xustificar a necesidade dun espazo de atención polivalente orientado á terceira idade: no concello de Santiago hai 23.000 persoas maiores de 65 anos das que o 20% viven soas. Unha situación que se agrava máis aínda no propio Ensanche onde se prevé instalar este espazo con 4.800 persoas maiores e unha de cada catro que viven sen compañía.

“Tanto no Ensanche como en Pontepedriña, por exemplo, a porcentaxe de persoas maiores que viven soas soben ata o 30%” alerta Álvarez que insiste en que con este proxecto “conséguese tecer unha comunidade de acompañamento recíproco” e fomentar un envellecemento activo.

Defende, deste xeito, a ubicación escollida para situar o centro, no antigo local da Tesourería Xeral da Seguridade Social, no 17 de San Pedro de Mezonzo, un espazo cunha superficie total de 1.528 m2.

Relacionadas

María Fernández Sandoica presenta o seu poemario na Pobra

0
María Fernández Sandoica presenta na Pobra do Caramiñal o seu poemario Todo lo que no confundimos por amor. O acto terá lugar no 3...

Salcedo, nova parada no roteiro de Domínguez polas parroquias de Pontevedra

0
• O líder da oposición visita a execución das obras do novo campo de fútbol, a restauración da igrexa parroquial e os problemas de...

A Xunta reafirma o compromiso coa loita contra o narcotráfico a través do Servizo...

0
Este servizo permite axilizar a actividade das unidades xudiciais encargadas destes asuntos, reducir os custos do depósito e xestión dos activos comisados e fomentar...

Mos desenvolve un proxecto senlleiro para a posta en valor da Aldea Alfacuca

0
Forma parte do programa CoidaMOS da concellería de Medio Ambiente mosense A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente mosense, Laura...

O Orzamento municipal non recibe alegacións e aprobarase definitivamente

0
O proxecto orzamentario ascende a 16,3 millóns de euros, o que supón un incremento de cerca dun millón de euros máis ca no 2023 O...

O CEIP da Lama celebra o “Día do Libro” co I Encontro Escolar “Letras...

0
O Concello colabora coa organización e estará presente cun stand da Biblioteca, a OMIX e Radio Nova. Haberá actividades de animación á lectura, xogos, contacontos...

Publicacións Relacionadas