O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, participou este sábado na VII edición da Festa da Empanada Mariñeira, organizada polo Club de Piragüismo local, en colaboración coa confraría de pescadores San Roque, e a Consellería do Mar, entre outras institucións. O encontro ten como obxectivo por en valor os produtos con selo de calidade PescadeRías, amosando con elo a excelente calidade dos peixe e marisco procedente da frota artesanal cuxa variedade e calidade é recoñecida fóra de Galicia.
Ao longo da xornada, ofreceranse ata dezaoito tipos de empanada co recheos diferentes. Haberá elaboracións con algas de Cangas, anguías de Arcade, berberechos de Carril, bonito de Burela, luriñas de Portonovo e polbo de Bueu. Todas elas están fabricadas por panaderías das zonas onde se extrae ou pesca o produto. Na pasada edición vendéronse 3.000 racións.



