Home Xunta de Galicia A Xunta abre mañá o prazo das axudas turísticas para concellos de...

A Xunta abre mañá o prazo das axudas turísticas para concellos de menos de 10.000 habitantes

- Anuncio -

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria de 2M€ que fomenta a recuperación, accesibilidade e sinalización turística nestes pequenos municipios

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a nova convocatoria da liña de axudas destinada a concellos galegos de menos de 10.000 habitantes coas que se busca o impulso e consolidación turística do rural galego. Cun investimento de 2M€, subvencionaranse actuacións que se centren na recuperación, accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos coa posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística.

Como se indica no DOG, a convocatoria é de concorrencia non competitiva e as solicitudes poderanse presentar desde mañá xoves 29 de febreiro ás 12,00 horas ata o día 1 de abril de 2024. En concreto, sufragaranse actuacións de embelecemento dos accesos aos recursos turísticos que poderán incluir a recuperación e tratamento paisaxístico da contorna dos recursos, iluminación ornamental, xa sexa primeira instalación ou mellora, ampliación ou substitución da existente, tamén a recuperación e creación de miradoiros paisaxísticos, rutas de sendeirismo e outros elementos de interese turístico e adecuacións de espazos destinados ao estacionamento de vehículos dos visitantes.

As axudas tamén inclúen o embelecemento dos recursos turísticos e dos bens declarados de interese cultural ou cun procedemento de declaración xa iniciado, así como as que afecten á contorna de protección (embelecemento de vías, ocultamento de colectores de residuos que se atopen no propio recurso turístico ou BIC, así como eliminación de cableado aéreo e antenas de comunicacións).

Accesibilidade turística
Ademais, as actuacións de posta en valor turístico dos recursos que poderán incluir as seguintes: rehabilitación ou restauración para a súa dedicación a usos turísticos distintos do aloxamento de persoas, recuperación de elementos de interese etnográfico ou da arquitectura tradicional.

Do mesmo xeito, estas axudas sufragarán tamén as actuacións que leven a cabo os concellos para mellorar a accesibilidade dos seus recursos turísticos como a eliminación de barreiras arquitectónicas no acceso aos bens, recursos e rutas turísticas ou as destinadas a facilitar o acceso das persoas con algún tipo de discapacidade sensorial á información turística dos recursos. Tamén se apoia a sinalización dos recursos. Os proxectos poderán acadar unha subvención de ata o 100% do orzamento do investimento subvencionando e o importe máximo da axuda a cada concello será de 30.000 euros.

Relacionadas

A Xunta mellora o Centro Ocupacional e de día do concello de Valga cun...

0
As actuacións son o resultado dos convenios de colaboración asinados entra ambas administracións no 2024Ademais das obras realizadas, concedeuse unha achega para a compra...

As súas Maxestades de Oriente repartirán ledicia e agasallos a pacientes e meniños no...

0
Coa organización e patrocinio da Asociación Cultural O Chopo, durante a mañá do vindeiro domingo 5 de xaneiro, os doentes ingresados nos andares do...

Galicia consolida a internacionalización do destino e roza os 7 millóns de viaxeiros nos...

0
O turismo internacional continúa medrando consolidando un peso do 31% e superando por primeira vez os 4 millóns de noitesOs datos do INE feitos...

A Xunta prevé o pago de máis de 15M€ aos colexios de avogados e...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica as ordes para o cuarto trimestre de 2024 e os tres primeiros de 2025 para compensar a...

A Xunta remata as obras parta estender a rede de saneamento en varias parroquias de Coirós, cun investimento de máis de 850.000...

0
As actuacións, cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, consistiron na execución de 16 novos treitos de colector que...

López Campos amosa o compromiso da Xunta co patrimonio  e infraestruturas culturais de Boqueixón

0
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, amosou hoxe o “total compromiso” da Xunta de Galicia co patrimonio cultural do concello...

Publicacións Relacionadas