Free Porn
xbporn
Home Ourense Allariz-Maceda A Xunta abre un novo polo de emprendemento en Baños de Molgas...

A Xunta abre un novo polo de emprendemento en Baños de Molgas para continuar coa dinamización do rural

- Anuncio -

― A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, inaugurou hoxe o novo centro que supón o cuarto para a provincia de Ourense xunto co de Verín, O Carballiño e O Barco de Valdeorras

― O total de proxectos atendidos nos tres polos ourensáns son uns 280 nos que predominan por sectores os servizos, seguido da hostalería e do primario

― Rivo puxo en valor a contribución da Rede de polos a fixar poboación no rural, atraendo iniciativas de dentro e fóra de Galicia

― Destacou que os polos son “útiles” para atraer talento e para fixar poboación e sinalou que a Rede estase a reforzar con máis asesoramento no eido da economía social e centrado na remuda xeracional

A Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego suma a partir de hoxe 13 oficinas en toda Galicia tras a apertura do centro de Baños de Molgas, que supón o cuarto para a provincia de Ourense. Así o resaltou hoxe a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, na inauguración das novas instalacións, onde amosou “o firme compromiso” que ten a Xunta coas persoas emprendedoras e traballadoras autónomas de Galicia.

En palabras de Rivo, o emprendemento xera emprego e dinamiza a economía e, por iso, indicou que a Xunta está a impulsar esta vía xeradora de riqueza no territorio.
Con respecto aos polos, destacou que a Rede é unha iniciativa coa que se aposta, sobre todo, polo rural, por concellos como o de Baños de Molgas e a súa comarca, para xerar riqueza pegada ao territorio, pola vía do emprendemento. Así, indicou que os polos están a ser “útiles” porque están a atraer talento e están a fixar poboación.

Os polos de emprendemento, segundo apuntou Rivo, permiten casar a xestión da busca de emprego coa realidade demográfica e social de Galicia; dinamizan o mercado de traballo, buscando a interacción entre os ámbitos rurais e urbanos; e fixan poboación no territorio. Neste senso, apuntou que cos polos estanse a conseguir estes retos para que o rural galego gañe en número de habitantes. “O reto é que ningún negocio quede atrás por falta de axuda”, subliñou.

A Rede, tal e como indicou, estase a consolidar para fixar poboación nos pequenos núcleos e explicou que, mostra disto, son os tres emprendedores (unha muller de Barcelona e unha parella de retornados) que no acto de inauguración achegaron a súa experiencia de deixar ás súas cidades para virse a traballar a Galicia.

Os polos atraen iniciativas empresariais de dentro e de fóra de Galicia e, de feito, segundo salientou, un 11% das persoas emprendedoras que atende a Rede proveñen de fóra de Galicia, o 70% do estranxeiro.

Proxectos atendidos

Nos polos operativos ata o de agora, o total de proxectos atendidos supera os 1.350, dos que un 80% están en activo (1.085 seguen activos). Fixéronse, ademais, preto de 3.880 titorías. Referidos aos tres polos en funcionamento na provincia de Ourense, os proxectos atendidos son uns 280, predominando por sectores os servizos (24%), seguido da hostalaría (17%), e da agricultura, gandería, silvicultura e pesca (10%).

A meirande parte das persoas emprendedoras son mulleres (60%) e en canto ás idades, o 58% atópase nunha franxa de entre 35 e 52 anos. Con todos os participantes fixéronse 755 titorías. Na provincia de Ourense, ademais, existen 13 proxectos de remuda rexistrados.
Neste senso, indicou que a Rede de polos estase a reforzar con máis asesoramento no eido da economía social e estase a centrar en proxectos de remuda xeracional. Ao respecto, lembrou a nova web, https://polosemprendemento.gal/remuda-de-negocios, habilitada pola Xunta para facilitar a remuda xeracional, onde se amosan os negocios que precisan de novas persoas para garantir o seu futuro.

De feito, a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego é a encargada de asesorar, axilizar e facilitar o proceso de remuda ou de transmisión de negocios. É unha iniciativa centrada en poñer en contacto a quen vende ou aluga a súa empresa con

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

A Xunta avanza nos nos traballos para construir o Comité de Expertos que estudará...

0
As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a deseñar a composición dese grupo e as liñas de actuación para...

A Xunta enxalza os emigrantes como os mellores embaixadores de Galicia no Mundo

0
Coincidindo co Día de Galicia, José González asistirá ao acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, unha entidade que conta con...

Publicacións Relacionadas