Home Lugo A Xunta comeza as obras da Intermodal de Lugo para dotar á...

A Xunta comeza as obras da Intermodal de Lugo para dotar á cidade dunhas instalacións de transporte público modernas e accesibles

- Anuncio -
  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou as obras, que empezaron esta semana e que se levan a cabo en coordinación coas da estación ferroviaria por parte de Adif
  • O Goberno galego destina máis de 13 millóns de euros á construción da nova infraestrutura e á creación dun aparcamento subterráneo, no marco do convenio con Adif e o Concello

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe xunto coa directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, as obras da estación de autobuses intermodal de Lugo que comezaron esta mesma semana. O proxecto enmárcase nun convenio asinado o ano pasado entre a Xunta, Adif e o Concello de Lugo por máis de 49 millóns de euros.

O investimento do Goberno galego supera os 13 millóns para a construción da nova estación de autobuses e dun aparcamento subterráneo con 240 prazas, que responden a unha necesidade da estación de ferrocarril e da propia cidade.

En concreto, nove millóns destinaranse á nova estación conta cunha superficie de 550 metros cadrados con dous andares -un para usos administrativos e outro para case unha vintena de dársenas- con espazos diáfanos no interior con zonas de atención e servizos ás persoas usuarias e zonas de acceso no exterior. Os 4,7 millóns restantes resérvanse a financiar parte do aparcamento, asumindo máis do 37% do investimento ademais de executar o proxecto redactado por Adif.

Durante a visita, explicou que os traballos iniciados lévanse a cabo en coordinación coas obras da estación ferroviaria. Estas obras da estación de autobuses intermodal de Lugo son financiadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional do programa operativo Feder Galicia 2021-2027.

Tras a sinatura da acta de replanteo estanse a levar a cabo actuacións como o cerramento da obra, o despexe e desbroce na zona de actuación e tamén se realizará a demolición dunha nave existente e a reposición dos servizos afectados.

Como explicou Diego Calvo, a Administración autonómica mantén o seu compromiso para dotar Lugo dun gran centro de transporte público, cunhas instalacións modernas e accesibles e cun aparcadoiro subterráneo.

A intermodal de Lugo complétase con outras actuacións que son competencia das demais administracións que forman parte do acordo, isto é, o novo edificio da estación de ferrocarril, que inclúe un novo edificio e un paso inferior e a integración urbana, a construción dun novo paso de cidade, un paso inferior peonil entre o centro urbano e o parque Sagrado Corazón, que conectará ambos os lados das vías vertebrando a cidade.

Ademais da colaboración entre administracións na posta en marcha desta infraestrutura,  o conselleiro incidiu no deber de traballar xuntos na defensa dun reforzo dos servizos ferroviarios na provincia, debido a que a actual oferta é insuficiente e incapaz de responder ás necesidades de mobilidade dos veciños de Lugo.

Nesta liña, o conselleiro de Presidencia lembrou a reiterada demanda ao Goberno central para crear unha mesa técnica de coordinación coa Xunta para acadar tempos de viaxe competitivos de Lugo con Ourense e Madrid en alta velocidade. Para iso é preciso
-explicou- que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible avance nas variantes necesarias, ao mesmo tempo, que avanza noutras conexións pendentes coas que mellorar a mobilidade na cidade de Lugo como o remate da autovía Santiago-Lugo ou a reparación da autovía A-6 ao seu paso por Pedrafita do Cebreiro.

Diego Calvo tamén se referiu a licitación a finais de agosto por parte do ministerio do estudo previo para a mellora da conexión ferroviaria Lugo-Santiago e incidiu na necesidade que, a diferencia doutros proxectos, se materialice no tempo comprometido.

Relacionadas

A Xunta apoia a celebración do Día dos Medios en Galego que inclue concertos...

0
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta esta celebración pola “importancia en uso e en prestixio” do emprego da nosa lingua...

A Xunta anima a empresas e entidades sociais a apostar por iniciativas para a...

0
— Ángeles Vázquez pon como exemplo a actuación realizada por Padre Rubinos, que recibiu 10.516 € para mellorar a capacidade de almacenaxe das súas...

A Xunta salienta a eficacia do programa de emprego de garantía xuvenil e as...

0
Salientou que a convocatoria do Programa de Garantía Xuvenil para as anualidades 2024-25, cun investimento de 6,6M€, permiten impulsar en Galicia 15 obradoiros que...

A Xunta potencia a iniciativa emprendedora dos galegos retornados cunha liña de axudas de...

0
O Diario Oficial de Galicia  publica hoxe unha nova convocatoria deste programa, cuxo prazo de presentación de solicitudes abrirá o vindeiro 7 de febreiro...

A Xunta impulsa o desenvolvemento de solucións innovadoras coas que facer fronte ás emerxencias...

0
— O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, participaron hoxe na apertura...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

Publicacións Relacionadas