HomeXunta de GaliciaA Xunta completa a autorización das repotenciacións voluntarias de nove parques eólicos...

A Xunta completa a autorización das repotenciacións voluntarias de nove parques eólicos para suprimir 286 aeroxeradores e elevar a produción un 35%

- Anuncio -spot_img
  • O Executivo galego asinou esta semana a autorización da última destas iniciativas, permitirá reducir de 25 a 4 as máquinas instaladas no parque Castelo, entre os concellos coruñeses de Coristanco, Tordoia, Santa Comba e Val do Dubra
  • A Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático acurtou de xeito considerable os prazos de tramitación, culminando o proceso en menos dun ano desde a recepción do proxecto definitivo
  • Estes nove proxectos supoñen un investimento global de máis de 320 millóns de euros, elevarán a produción de enerxía eléctrica en máis de 200.000 MWh/ano e evitarán a emisión á atmosfera de máis de 100.000 toneladas de CO2 á atmosfera

A Xunta de Galicia completou esta semana os trámites para a autorización dos nove proxectos de repotenciación voluntaria de parques eólicos recibidas entre finais de 2023 e comezos de 2024 e que permitirán suprimir 286 aeroxeradores do territorio galego así como, coa mesma potencia, incrementar un 35% a produción de enerxía renovable. Trátase dun procedemento que destacou pola súa axilidade pois os prazos de autorización administrativa acurtáronse considerablemente, completándose en menos dun ano desde a recepción do proxecto definitivo e cumprindo así co mandato comunitario de axilizar as xestións e garantir que non se alongan máis de dous anos.

Os oito primeiros proxectos foron autorizados nos últimos meses e a autorización do noveno -do parque eólico Castelo- foi asinada esta mesma semana pola Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que sairá publicada no Diario Oficial de Galicia nos vindeiros días. Ao abeiro desta iniciativa, que afecta aos concellos coruñeses de Coristanco, Tordoia, Santa Comba e Val do Dubra, eliminaranse un total de 21 aeroxeradores (pasando de 25 a 4) cun investimento de arredor de 23,5 millóns de euros.

Deste xeito, o promotor desmantelará os 25 aeroxeradores instalados neste parque e restaurará tanto as canalizacións como os camiños que queden sen uso. A autorización administrativa para proceder á repotenciación do proxecto Castelo suporá ademais a instalación de catro novos aeroxeradores e dunha liña eléctrica soterrada e a enerxía procedente do parque eólico recollerase nunha subestación transformadora próxima.

As nove repotenciacións permitirán reducir de 361 aeroxeradores a 75 os instalados na área de influencia destes parques e mellorar a súa eficiencia pola substitución das máquinas instaladas por outras máis modernas, de forma que con moitos menos aeroxeradores se poida garantir practicamente a mesma potencia e incluso incrementar de maneira substancial a produción renovable.

De feito, estímase que unha vez realizadas as melloras, estes nove parques eólicos pasarán de xerar 615.000 MWh/ano a 828.000 MWh/ano, o que equivale ao consumo eléctrico de máis de 230.000 familias (máis que a poboación da cidade da Coruña). A este beneficio engádese o ambiental, pois estas repotenciacións evitarán a emisión de máis de 100.000 toneladas de dióxido de carbono (CO2) á atmosfera tras un investimento de 321 millóns de euros, dos que preto de 55 millóns de euros se corresponden con fondos europeos.

Deste xeito, a Xunta continúa avanzando no proceso de descarbonización e transición enerxética da comunidade aplicando o mesmo criterio que a UE, que considera as enerxías renovables de interese público superior -tanto se se tratan de proxectos de nova implantación como de melloras a realizar nos existentes- xa que contribúen a loitar contra o cambio climático, a seguridade e a saúde das persoas.

NOMEPOTENCIA (MW)N_AEROS INICIALN_AEROS FINAL
CASTELO REPOTENCIACIÓN16,5253
CORISCADA REPOTENCIACIÓN24404
MONTE REDONDO REPOTENCIACIÓN49,56612
MURAS REPOTENCIACIÓN47,37411
NOVO REPOTENCIACIÓN18,75256
SERRA DA PANDA REPOTENCIACIÓN II18,48248
SOMOZAS REPOTENCIACIÓN49,95819
SOTAVENTO REPOTENCIACIÓN PARCIAL (repot. de 3,44 MW)182521
PENA GALLUDA3,4511
TOTAL POTENCIA246,536175

Publicacións Relacionadas