Home Ourense A Xunta contribúe a dinamizar o turismo en Valdeorras en verán co...

A Xunta contribúe a dinamizar o turismo en Valdeorras en verán co novo verán novo ciclo de concertos Beirarrúa

- Anuncio -

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentou hoxe na Rúa o novo ciclo de concertos Beirarrúa, que se desenvolverá durante o mes de agosto nesta localidade ourensá. Esta iniciativa, organizada por Turismo de Galicia, busca achegar a música a todos os recunchos da comunidade e dinamizar o turismo de Valdeorras no verán contando con máis dunha decena de artistas.

Como explicou Xosé Merelles, trátase dunha “oportunidade para encher a oferta turística do interior de Galicia durante este verán, tendo moi en conta a relevancia que está a ter a provincia de Ourense con máis de 157.000 viaxeiros neste primeiro semestre e un crecemento de máis do 1%”.

Neste sentido, recordou que a Xunta, a través de Turismo de Galicia, está a promover este verán tamén numerosas iniciativas vinculadas coa música ao longo de toda a xeografía galega para dinamizar tamén a oferta turística dos núcleos rurais. “Se o Silfest Valdeorras constituíu xa unha aposta de Turismo de Galicia por Valdeorras, esta intensifícase agora con este ciclo de A Rúa”, sinalou o director de Turismo.

O novo ciclo de concertos Beirarrúa está deseñado para ser un evento inclusivo e accesible para todos os públicos, ofrecendo unha programación variada que abrangue diferentes estilos musicais e épocas. “Queremos que todos tanto valdeorreses como visitantes poidan gozar destes concertos e vivir a experiencia única de compartir a música en directo”, afirmou o director de Turismo de Galicia.

Variedade de estilos

Así, dará comezo o 7 de agosto ás 21,30 horas con Camiñantes e Andantes: O Musical dos Peregrinos, que contará coa participación de La Oca Band, Manuel Manquiña, Pepo Suevos e Pili Pampín. O 8 de agosto ás 22,00 horas será a quenda de O Gran Guateque, un concerto que reunirá a míticas bandas como Los Brincos e Los Limones, contando ademais coa actuación especial de Pablo Abraira.

Finalmente, o 31 de agosto ás 18,30 horas, pecharase o ciclo con Ó Son da Estación, onde actuarán Magín Blanco e A Banda das Apertas, Abertal, The Rapants, Grande Amore e Señora DJ.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Publicacións Relacionadas