HomeXunta de GaliciaA Xunta defende en Europa a importancia estratéxica do Eixo Atlántico nas...

A Xunta defende en Europa a importancia estratéxica do Eixo Atlántico nas conexións comunitarias

- Anuncio -spot_img
  • O secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes interveu no Foro do Corredor Atlántico para abordar as necesidades de Galicia no desenvolvemento desta rede
  • Javier Abad insistiu nas demandas de priorizar o AVE Vigo-Porto, adaptar o ancho de vía ao internacional, desdobrar e electrificar vías, recoñecer os portos de Vigo e Ferrol como nodais e incluír a liña Ferrol-A Coruña na rede básica ampliada

O secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Javier Abad, interveu hoxe no Foro do Corredor Atlántico, onde defendeu a importancia estratéxica do Eixo Atlántico para as conexións comunitarias. Nesta liña, referiuse a Galicia como porta do Atlántico en España e, xunto con Portugal, en Europa, e incidiu na necesidade de completar este eixe pola súa relevancia loxística, económica e ambiental. O evento contou tamén coa presenza da directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, e do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo.

Javier Abad lembrou as demandas que vén facendo Galicia para garantir o desenvolvemento do Eixo Atlántico, como priorizar o AVE Vigo-Porto como rede básica do Corredor. O secretario xeral técnico referiuse a este proxecto como “fundamental para conectar a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, onde viven máis de seis millóns de persoas que hoxe dependen dun tren do século XIX para competir no século XXI”. “Este eixe completaría a necesaria vertebración ferroviaria da fachada atlántica e facilitaría a integración do noroeste ibérico en Europa”, apuntou.

Outras das urxencias son a adaptación do ancho de vía ao internacional, empezando polos tramos que xa contan con travesas polivalentes, para garantir a interoperabilidade, e o desdobramento e electrificación de vías, así como a implementación do sistema ERTMS, para que a alta velocidade chegue a todas as cidades.

Abad Insistiu tamén na inclusión da liña Ferrol-A Coruña na rede básica ampliada, e en que se recoñezan os portos de Vigo e Ferrol como nodais, pola súa importancia económica e o seu papel estratéxico na sostibilidade e transición enerxética. A falta deste recoñecemento “frea sectores como a eólica mariña e a pesca, nos que Galicia é líder en Europa e, no último, un referente internacional” engadiu.

Publicacións Relacionadas