Home Xunta de Galicia A Xunta e a Universidade de Vigo impulsan unha nova campaña arqueolóxica...

A Xunta e a Universidade de Vigo impulsan unha nova campaña arqueolóxica en Cíes para afondar no coñecemento da historia e daaa ocupación humana da illa

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez anuncia que o equipo de especialistas que dirixe Adolfo Fernández acaba de iniciar a escavación do xacemento localizado o ano pasado no ámbito de protección da illa do Faro e que os labores se prolongarán durante cinco semanas

— Explica que esta intervención se enmarca no proxecto Sentinela, que ten como fin catalogar, identificar e rexistrar o patrimonio cultural do Parque Nacional e completará os resultados das campañas realizadas desde 2021 en Ons e en Sálvora

— O investimento previsto neste eido para 2024 e o ano que vén ascende a 123.000 €

A Xunta e a Universidade de Vigo (UVigo) acaban de iniciar unha nova campaña arqueolóxica na illa do Faro, en Cíes, co reto de obter información valiosa e que permita afondar no coñecemento que se ten sobre a historia e a ocupación humana deste arquipélago en tempos pasados.

O proxecto foi presentado esta mañá no Edificio Cambón de Vigo pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, quen estivo acompañada polo director do equipo encargado da escavación, Adolfo Fernández, a delegada territorial da Xunta na cidade, Ana Ortiz, e o director-conservador do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, José Antonio Fernández.

O xacemento no que se centrarán os traballos —que acaban de comezar hai uns días e se prevé que se prolonguen durante arredor de cinco semanas— foi localizado o ano pasado no marco duns traballos de sondaxe realizados na finca da Casa Viladomar, que deixaron ao descuberto restos arqueolóxicos probablemente da época galaico-romana.
Máis concretamente, a conselleira e o arquitecto responsable do proxecto explicaron que durante esa primeira exploración se localizou un muro, tégulas ou tellas e diverso material cerámico, como ánforas, e que foi a presenza de restos construtivos a que levou a concluír ao equipo de arqueólogos que a zona tiña interese arqueolóxico como para ampliar as tarefas de prospección.

En concreto, a área de escavación proposta está localizada dentro do ámbito de protección catalogado no Plan xeral de ordenación municipal de Vigo, moi próximo a outros dous xacementos xa coñecidos: o Concheiro das instalacións forestais e o conxunto formado polo Mosteiro, necrópole e convento de Santo Estevo.

Enmarcada dentro do chamado proxecto Sentinela, promovido pola UVigo coa colaboración e apoio loxístico e económico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, o obxectivo desta iniciativa de investigación arqueolóxica é catalogar, identificar e rexistrar o patrimonio cultural do Parque Nacional.

De feito, a intervención en Cíes sumarase e completará as dúas acometidas desde o ano 2021 no areal de Bois, en Sálvora, e as que se levaron a cabo na fábrica de salgadura de Canexol e na zona coñecida como A Cova do Lobo, ambas en Ons, unha illa que, tal e como lembrou a conselleira, ten desde o pasado mes de marzo un espazo museístico propio no seu Centro de Interpretación dedicado a dar a coñecer os restos patrimoniais, arqueolóxicos e etnográficos descubertos nos últimos anos.

Por iso, e a pesar de incidir na “prudencia” coa que se deben encarar sempre este tipo de traballos, Ángeles Vázquez amosouse convencida de que a zona escollida para esta nova campaña arqueolóxica en Cíes “vai ser outro espazo moi interesante” para poder coñecer como eran as edificacións da época romana nesta illa e “poñer en valor” todo o patrimonio histórico e cultural que alberga o Parque Nacional.

Neste sentido, garantiu a continuidade das prospeccións arqueolóxicas nos arquipélagos tanto este ano como o que vén, un obxectivo ao que a Consellería destinará 123.000 euros (financiados en parte con fondos europeos) e co que pretende “reconstruír” a historia deste espazo natural e dos seus primeiros moradores, converténdoo á vez nun atractivo máis para visitar o Parque Nacional e colocar a Galicia no mapa do turismo de natureza e cultural a nivel internacional.

Relacionadas

Belén do Campo anuncia un investimento de máis de 157.000€ para as obras de...

0
A delegada da Xunta na Coruña que o obxectivo desta intervención é mellorar o estado de conservación deste ben inmoble incluído no Catálogo do...

A Xunta activa unha nova edición dos bonos activa comercio dotada con 2,5 M€...

0
― José González destacou o impacto desta iniciativa que xa leva máis de 6.100 negocios adheridos nas catro provincias e que prevé mobilizar 12...

A Xunta conmemora o aniversario do nacemento de Neira Vilas coa lectura continuada de...

0
Coincidindo con esta data, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude celebra hoxe o Día da lectura O secretario xeral da Lingua, Valentín García,...

A conselleira do Medio Rural enxalza as prácticas tradicionais do agro na Festa da...

0
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, enxalzou hoxe a Festa da Matanza de Transmonte, no concello coruñés de Oroso, como unha celebración...

Un total de 680 estudantes de Bacherelaro e FP gozan dunha praza gratuíta ou...

0
— As prazas están destinadas a estudantes procedentes de localidades onde non exista a oferta académica que cursan, nin teñan a posibilidade de desprazarse —...

A Xunta participa na campaña da Unión Ciclista Europea para concienciar sobre a protección...

0
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na iniciativa ‘UEC Forest’ na que representantes de entidades como a Xunta colaboradoras na...

Publicacións Relacionadas