Home O Carballiño Boborás A Xunta e o concello de Boborás colaboran para dotar ao municipio...

A Xunta e o concello de Boborás colaboran para dotar ao municipio dunha nova piscina pública

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez explica que a semana pasada se deron por rematados os traballos e lembra que a súa execución foi posible grazas a un investimento de máis de 650.000 euros comprometido entre ambas administracións a través do Plan hurbe


— Dotado dun vaso para adultos, outro para nenos e zona de praia en formigón, o complexo conta cun edificio anexo destinado a bar, vestiarios, enfermería e almacén

A colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Boborás permitirá dotar a este municipio ourensán da súa primeira piscina pública municipal. Así o salientou hoxe a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen se achegou ata a parcela na que se localiza a nova instalación deportiva e de ocio para supervisar o resultado dos traballos, finalizados a semana pasada e pendentes tan só de trámites administrativos.
Acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e pola alcaldesa, Patricia Torres, a vicepresidenta segunda lembrou que esta actuación foi economicamente posible grazas ao acordo asinado en 2022 entre o seu departamento e o Goberno municipal no marco do chamado Plan hurbe, unha iniciativa a través da cal a Xunta mobilizou desde o ano 2010 ao redor de 165 millóns de euros para financiar máis de 415 intervencións urbanísticas en decenas de municipios.
Así, cun investimento comprometido en virtude do referido convenio de máis de 650.000 euros, a Administración autonómica asume o 70% do custo da nova piscina e o Concello de Boborás, o 30% restante.
As instalacións deportivas ocupan unha parcela de 13.506 metros cadrados, destinada antes a campo de fútbol, e constan de 2 vasos de auga (un para adultos e outro para nenos) cunha zona de praia en formigón armado e con tratamento especial para evitar esvarar. Así mesmo, tamén se construíu unha edificación anexa para ofrecer servizo de bar, con área de vestiarios e enfermería e un cuarto para instalacións diversas e almacén.
Tras incidir na importancia que teñen para os concellos determinados proxectos urbanísticos pola súa incidencia na mellora da calidade de vida da veciñanza, Ángeles Vázquez explicou que os equipamentos urbanos desempeñan tamén un papel fundamental como factor dinamizador para o desenvolvemento social e cultural e se converten, á vez, en elementos estruturais da contorna.
Neste sentido, recordou que grazas aos acordos de cooperación asinados no marco do Plan hurbe desde o ano 2010 se executaron ou comprometeron un total de 168 actuacións urbanísticas na provincia de Ourense —5 delas no Concello de Boborás—, co obxectivo común de habilitar ou recuperar equipamentos públicos e poñer en valor contornas urbanas e núcleos rurais.
Ademais, tanto a responsable autonómica como a rexedora municipal coincidiron en que coa construción da nova piscina pública tamén se atende unha vella demanda veciñal, xa que Boborás era un dos poucos municipios da comarca que non contaba aínda cunhas instalacións deste tipo.

Relacionadas

Diego Calvo asiste esta tarde no Lalín Arena ao partido dos Hispanos contra Serbia

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu esta tarde no...

O itinerario turístico da Xunta ao redor da flor da camelia incorpora seis novos...

0
Súmanse á Ruta da Camelia o Pazo de Faramello, na Coruña, e a Estación Fitopatolóxica Areeiro de Pontevedra Na categoría de recurso asociado entran...

A Xunta sitúa o servizo de asistencia xurídica gratuíta en Galicia como “referente a...

0
O director xeral de Xustiza compareceu no Parlamento para dar conta dos avances na materia, que enmarcou no diálogo constante cos colectivos representantes dos...

A Xunta concede preto de 2.400 axudas en catro anos para corrixir impactos paisaxísticos...

0
Ángeles Vázquez destaca que estas achegas para mellorar o estado de distintos inmobles e instalacións teñen cada vez máis demanda e que desde 2021...

A Xunta convoca catro cursos básicos de auxiliares de policía local que suman 240...

0
Segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia, desenvolveranse de xeito presencial na Academia Galega de Seguridade Pública a partir de finais de maioNa...

La huella en Ourense del Zamora 8, editado pola Deputación, é “un libro...

0
O presidente provincial, Luis Menor, presentou hoxe esta publicación xunto ao subdelegado de defensa en Ourense, Jesús Antonio Peñas; ao suboficial maior do Rexemento...

Publicacións Relacionadas