Home Ourense O Pereiro de Aguiar A Xunta e O concello do Pereiro de Aguiar abordan os avances...

A Xunta e O concello do Pereiro de Aguiar abordan os avances das obras de ampliación do parque empresarial

- Anuncio -
  • A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Pereiro de Aguiar, Luis Menor
  • Un dos temas a tratar na reunión foi o das melloras a acometer nas infraestruturas de subministración de auga como consecuencia do incremento que se vai producir na demanda
  • A Xunta de Galicia, a través de Xestur, ofrece ás empresas que se queiran implantar na Comunidade solo empresarial a custo cero durante os oito primeiros anos

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Pereiro de Aguiar, Luis Menor, para falar sobre os avances das obras de ampliación do parque empresarial e, concretamente, sobre as melloras a acometer nas infraestruturas de subministración de auga como consecuencia do incremento que se vai producir na demanda.

O obxectivo é reforzar as infraestruturas dispoñibles para garantir o abastecemento en todo momento, para o cal vaise executar un novo depósito de 1.000 m³ de dous compartimentos, incrementarase o diámetro da canalización de impulso desde o depósito Monterrei II, e dobrarase a capacidade do sistema de bombeo ata os 60 m³/h.

A ampliación do parque empresarial do Pereiro de Aguiar, xa en marcha, abrangue unha superficie de máis de 235.000 m² e faise necesaria pola demanda de solo industrial no concello, posto que, actualmente, conta con todas as parcelas vendidas.

Neste contexto, Margarita Ardao lembrou que a Xunta de Galicia, a través de Xestur, ofrece desde agora ás empresas que se queiran implantar na Comunidade solo empresarial a custo cero durante os oito primeiros anos en réxime de dereito de superficie. En concreto, están dispoñibles 563.144 m² sen a exixencia de que se trate de proxectos empresariais singulares, e a previsión é ir incrementando esta cifra. En relación ao custo, a partir do noveno ano manteríanse as condicións actuais de maneira que o canon anual a aboar sería do 3,5% do prezo de venda da parcela.

O Goberno galego é consciente da importancia de dispoñer de solo empresarial en condicións competitivas para atraer investimentos cara a Galicia. E, baixo esa premisa, este ano convocou dúas liñas de axuda que suman 6,7M€ para a mellora de infraestruturas e servizos dos parques empresariais, a creación de viveiros industriais e para a implantación de redes de distribución eléctrica.

Relacionadas

A Xunta lamenta que o Goberno non atendese as súas alegacións ao novo regulamento...

0
― José González remarcou a falta de sensibilidade do Executivo ante a postura defendida por Galicia en coordinación co terceiro sector, desbotando a figura...

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

O Concello de Ourense súmase á celebración do Día Mundial da Infancia 2024

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira, acompañado de representantes de diferentes grupos políticos municipais, deu lectura á declaración institucional “Un día para avanzar no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

O 29 de novembro terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel o Seminario sobre...

0
Os concellos ourensáns que forman parte deste futuro AECT serán Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobios,  Lobeira, Baltar, Padrenda, Verea, Quintela do Leirado, Muíños,...

Publicacións Relacionadas