HomeXunta de GaliciaA Xunta incide na importancia da dotación de equipamento aos Servizos de...

A Xunta incide na importancia da dotación de equipamento aos Servizos de Emerxencias

- Anuncio -spot_img

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na celebración do 40 aniversario da empresa Incipresa, especializada no carrozado de vehículos contra incendios e comercialización e mantemento de equipos de rescate. Durante o acto conmemorativo, Diego Calvo incidiu na importancia da dotación de equipamento aos servizos de emerxencias, así como no compromiso da Xunta co reforzo constante destas dotacións.

Nesta liña, lembrou o esforzo orzamentario que fai o Goberno galego cada ano para facilitarlles aos servizos de emerxencias locais, Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e Grupos de Emerxencias Supramunicipais, material que lles permita desenvolver o seu labor coa máxima eficacia e seguridade. “Un esforzo orzamentario que, no caso destes colectivos, se traduce en máis de 27 millóns de euros nos últimos anos só para a dotación de equipamento”, apuntou. 

Publicacións Relacionadas