O comisario do Xacobeo 2027 destaca a dimensión solidaria do deporte na entrega da recadación destinada á investigación da enfermidade de Dent

Redacción
O comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, asistirá ao acto de entrega da recadación solidaria recollida na Gladiator Race á asociación Art for Dent. No Hotel Oca Puerta del Camino.

O comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, asistiu hoxe no Hotel Oca Puerta del Camino ao acto de entrega dun cheque solidario de 12.746 euros á asociación Art for Dent, destinado a apoiar a investigación da enfermidade de Dent. A iniciativa enmárcase na colaboración entre a Gladiator Race e a Xunta de Galicia e vincúlase coa dimensión social do Xacobeo 2027, unha celebración aberta á participación da sociedade, das entidades e do tecido empresarial, tamén a través de actividades deportivas, culturais e solidarias.

A cantidade recadada procede da Gladiator Race, celebrada o pasado 12 de setembro na Cidade da Cultura, do tardeo solidario organizado no Hotel Oca Puerta del Camino e das doazóns realizadas a través da plataforma Mi Grano de Arena. Esta iniciativa conta coa participación de distintas entidades, entre elas Banco Mediolanum e do equipo de investigación Nefrochus, vinculado ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS).

Comparte este artigo