HomeXunta de GaliciaA Xunta insiste en que a Conferencia de Presidentes demostrou que ao...

A Xunta insiste en que a Conferencia de Presidentes demostrou que ao Goberno Central non lle preocupan os problemas reais e só buscaba unha foto

- Anuncio -spot_img
  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes interveu no Parlamento de Galicia para facer unha valoración do encontro celebrado o pasado venres en Barcelona
  • Para Diego Calvo, o modelo pechado do encontro, sen diálogo nin debate, impide avanzar nos temas de interese para a cidadanía

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, interveu hoxe no Parlamento galego para facer unha valoración sobre a Conferencia de Presidentes celebrada o pasado venres en Barcelona, na que incidiu en que o encontro foi unha demostración máis de que ao Goberno central non lle preocupan os problemas reais da cidadanía e só buscaba “unha foto e unha cortina de fume”.

Para Diego Calvo, en Barcelona “confirmáronse os peores presaxios”, xa que se mantivo o formato do anterior encontro, en Santander, e houbo unicamente unha sucesión de monólogos. Ademais, indicou que o presidente Pedro Sánchez non quixo someter a votación as propostas  presentadas polas comunidades autónomas.

Nesta liña, salientou a entrega dun texto xa articulado dun Real Decreto Lei para a súa aprobación no Congreso, que provoque que as comunidades autónomas reciban as entregas a conta e o pago dos correspondentes intereses, algo que depende da vontade política do Goberno central. “O Goberno non quixo falar de financiamento, nin de vivenda, nin de plan enerxético, nin de infraestruturas críticas e comunicacións, asuntos que afectan ao día a día das persoas”, engadiu.

Para o conselleiro, tanto os actuais modelos de conferencia de presidentes como da comisión preparatoria fallan tanto na forma, dada a improvisación das convocatorias, como no fondo, xa que se convocan cunha orde do día pechada sen incluír os temas de interese propostos polas comunidades autónomas, como permite o regulamento.

Publicacións Relacionadas