Home A Coruña A Xunta leva as actividades do programa "Feira de Primaveira" aos Espazos...

A Xunta leva as actividades do programa “Feira de Primaveira” aos Espazos Xove de Betanzos e Lalín

- Anuncio -

A iniciativa inclúe obradoiros para aprender a facer un podcast, de cerámica ou risoterapia, así como exposicións ou un faladoiro sobre saúde mental e emocional, entre outras actividades

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2023.- A Xunta de Galicia desenvolve durante toda a xornada de hoxe nos Espazos Xove de Betanzos e Lalín diferentes actividades no marco do programa ‘Feira da Primavera’. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel estivo esta mañá coas mozos e mozas que se achegaron ás instalacións de Betanzos e pola tarde estará cos que acudan ás de Lalín.

Durante a súa visita ao Espazo Xove de Betanzos, Cristina Pichel destacou a importancia deste tipo de propostas para que a mocidade poida desfrutar de alternativas de ocio, espazos de entretemento e de foros formativos durante todo o ano.

Así, a programación da ‘Feira da Primavera’ no centro da Xunta en Betanzos incluíu un laboratorio de radio no que alumnado do centro educativo Nosa Señora do Carme ‘Atocha’ fixeron un podcast. Xa pola tarde, celebrarase unha ‘Quedada con amig@s’ e dous novos obradoiros: un de cerámica e outro de merendas saudables. O programa péchase coa inauguración da exposición fotográfica ‘Nos ollos de Yago Regueira’.

Pola súa banda, a proposta de actividades no Espazo Xove de Lalín para o día de hoxe contempla visitas guiadas a unha exposición de Adrián Penido, gañador de varios premios Xuventude Crea nas especialidades de pintura e escultura; obradoiros de manga e risoterapia, así como unha charla sobre a saúde mental e emocional na que participará alumnado do IES Laxeiro. Na xornada de tarde desenvolveranse xogos de rol e un faladoiro sobre o proxecto de intercambio xuvenil Erasmus+.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas