Home Lugo A Xunta leva en setembro de 2025 a Lugo Love of Lesbian,...

A Xunta leva en setembro de 2025 a Lugo Love of Lesbian, Carolina Durante , Dani Fernández e Duncan Dhu na nova edición do Caudal Fest

- Anuncio -

O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo participaron hoxe na presentación do cartel dos concertos que se celebrarán o 19 e 20 de setembro

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, participaron hoxe na presentación do cartel da nova edición do Caudal Fest, que un ano máis contará co apoio da Xunta de Galicia na súa estratexia por impulsar grandes espectáculos musicais e festivais como reclamo turístico das cidades e concellos galegos.

A vindeira edición celebrarase os días 19 e 20 de setembro e hoxe confirmáronse algúns dos concertos previstos, nos que se inclúen Love of Lesbian, Dani Fernández, Carolina Durante, Duncan Dhu ou Marlon. Tamén se confirmaron hoxe as actuacións de Niña Polaca, Alcalá Norte, Elyella, The Rapants, Carlos Ares, Dollar Selmouni, Merino ou Chicle. Está previsto que haxa máis artistas por confirmar.

Impulso ao turismo de Lugo
O apoio ao Caudal Fest enmárcase na aposta da Xunta de Galicia por impulsar o turismo da provincia de Lugo e da cidade a través de distintas iniciativas. De feito, Turismo de Galicia leva investidos ao redor de 1,8M€ en nutrir a oferta de espectáculos e ocio de Lugo e a súa provincia.

Entre outras citas financiadas pola Xunta de Galicia estivo a de Abraham Cupeiro, o espectáculo Acustiquísimos, o Galicia Ilusiona, entre outros na cidade da Muralla, as que se suma o apoio a festividades como o Arde Lucus e o San Froilán nas súas condicións de festas de interese turístico. Na provincia, tamén apoia iniciaitivas como o Esmorga Fest en Sarria, o Vendaval Fest en Ribadeo, o Resurrection en Viveiro e Osa do Mar de Burela, entre outras.

Relacionadas

Un total de 147 asociacións de nais e pais que xestionan comedores escolares acceden ás axudas...

0
— O Goberno galego reforzou nos últimos anos esta liña, o que fai que estas asociacións reciban hoxe case o tripo do importe que...

A Xunta convoca a batería máis de medidas para apoiar aos autónomos a...

0
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a primeira convocatoria unificada para autónomos co gallo de axilizar a tramitación de achegas e avanzar...

A Xunta salienta o seu esforzo na posta en valor e mellora da área...

0
Ángeles Vázquez destaca entre as melloras acometidas os máis de 160.000 € investidos en accións de mellora da vexetación de ribeira e eliminación de...

Galicia rexistrou en 2024 o terceiro ano máis cálido das últimas seis décadas

0
— Ángeles Vázquez explica que 2024 se caracterizou por ser un período extremadamente cálido e húmido — A temperatura media rexistrada foi de 14,7 graos...

López Campos anuncia a licitación por máis de 300.000€ das obras de restauración do...

0
Adianta que a actuación contará cun prazo de execución previsto de 6 meses e está dirixida a resolver as patoloxías causadas polas humidades que...

López Campos anima a veciñanza de Coristanco a gozar das novas instalacións da Biblioteca Municipal

0
— A Xunta destina, mediante convenio co Concello, 100.000€ para a reforma e ampliación do espazo, a metade do orzamento — O conselleiro de Cultura,...

Publicacións Relacionadas