HomeXunta de GaliciaA Xunta licita a construción dunha nova Estación Depuradora de Augas Residuais...

A Xunta licita a construción dunha nova Estación Depuradora de Augas Residuais en Barro, por un importe de preto de 3,2 M€

- Anuncio -spot_img
  • Esta nova infraestrutura, que se prevé que estea rematada no segundo semestre do próximo ano, dará servizo a unha poboación equivalente de 2.631 habitantes con horizonte no ano 2044
  • Esta actuación será financiada con fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea-NextGenerationUE

A Xunta de Galicia vén de licitar o contrato para a construción dunha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) no Concello de Barro por un importe de preto de 3,2 millóns de euros co obxectivo de mellorar o saneamento na localidade.

Esta nova infraestrutura, que se prevé que estea rematada no segundo semestre do próximo ano, permitirá dar servizo a unha poboación equivalente de 2.631 habitantes no horizonte do ano 2044 e as empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro venres para presentar as súas ofertas.

En concreto, a nova EDAR constará dos seguintes procesos: pretratamento, composto por desbaste e desareado-desengraxado; tratamento biolóxico; decantación secundaria e tratamento de lodos. Tamén se inclúe na actuación o edificio de explotación e instalacións auxiliares como desodorización, auga industrial e centro de control.

A maiores, executarase un bombeo, a prolongación da rede de saneamento para a conexión da nova estación depuradora, urbanización e acceso ás novas instalacións, dotación de servizos de subministración e as infraestruturas necesarias para completar o sistema de depuración municipal.

Para acometer esta actuación, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o Concello de Barro asinaron un convenio de colaboración segundo o cal a Xunta aportará, a través de Augas de Galicia, o 80% do orzamento necesario e a Administración local, o 20% restante. Cómpre indicar que este proxecto será financiado con fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea-NextGenerationUE.

Publicacións Relacionadas