Free Porn
xbporn
Home Ourense Baixa Limia A Xunta reforza o equipamento dos GES de lobios cun furgón de...

A Xunta reforza o equipamento dos GES de lobios cun furgón de servizos varios e do de Maceda cun camión autobomba

- Anuncio -
  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, participou na entrega do material
  • O equipamento forma parte da dotación coa que o Goberno galego apoia estes grupos na comunidade, no marco dos máis de 27M€ investidos en material de servizos de emerxencias municipais, tanto GES como Protección Civil

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, participou hoxe nunha nova entrega de equipamento a Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) da provincia. En concreto, un furgón de servizos varios (FSV) para o GES de Lobios e un camión tipo Bomba Rural Pesada (BPR) para o GES de Maceda, que suman unha achega de máis de 374.200 euros. Ao acto de entrega tamén acudiu o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.

Por unha parte, o GES de Lobios contará cun novo furgón de servizos varios, un vehículo todoterreo 4×2, cun custe de 115.000 euros, que será de utilidade en primeiras saídas en intervencións, sobre todo en zonas de difícil acceso, e na extinción de pequenos incendios. Co obxectivo precisamente de atender este tipo de incidencias vai equipado con material de sinalización e emerxencias e cun kit de material de rescate en altura.  Cómpre lembrar que este grupo foi un dos da provincia de Ourense que en 2021 viu incrementado o seu persoal para que todos os GES da comunidade contasen con 12 efectivos. O vehículo permitirá mellorar a eficacia das intervencións do grupo no concello de Lobios e nos de Entrimo, Calvos de Randín, Porqueira, Lobeira, Bande e Muíños.

Por outra banda, o camión destinado ao GES de Maceda conta cunha capacidade de 3.000 litros e bomba centrífuga con presión combinada e lanzamento de auga en baixa e alta presión. O Goberno galego investiu nesta nova dotación máis de 259.300 euros. A Xunta mantén así o compromiso por mellorar o mapa de emerxencias da comunidade e, nesta liña, o GES de Maceda foi un dos novos servizos creados en 2021 para mellorar a atención das emerxencias.

Diego Calvo lembrou o importante esforzo realizado pola Xunta nos últimos anos para dotar os efectivos dos servizos de emerxencias dos concellos galegos dos recursos necesarios co obxectivo de que poidan levar a cabo as súas actuacións en condicións de seguridade contribuíndo ademais a unha maior eficacia na atención das incidencias e nos seus tempos de resposta.

A entrega de hoxe forma parte do reforzo dotacional impulsado pola Xunta para apoiar o labor dos GES. O investimento só en equipamento para servizos de emerxencias municipais, tanto GES como Protección Civil, supera os 27 millóns de euros nos últimos anos.

O vicepresidente primeiro tamén explicou que o Goberno galego asume máis da metade do custo anual dos GES e dos consorcios provinciais contraincendios e salvamento, pese a tratarse dunha competencia local. Tamén financia os gastos de mantemento das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil a través dunha orde anual que supón, de media, 340.000 euros anuais.

Cómpre lembrar que a Xunta aprobou a comezos de 2022 a sinatura dun convenio coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Deputación provincial de Ourense, vixente ata finais deste ano,  para financiar o desenvolvemento dos GES desta provincia. Así, ao abeiro deste acordo aceptouse a proposta do Goberno galego para mellorar a atención na provincia e mellorar as condicións dos efectivos dos GES: incrementouse o cadro de persoal dos grupos que no seu momento foron concibidos como subGES con 6,9 ou 10 membros, que supuxo sumar 2 efectivos no de Lobios visitado hoxe, 3 no de Muíños, 6 no de Laza, 2 no de Ribadavia e 3 no de Avión, é dicir, 16 novos integrantes.

Ademais, incrementouse o financiamento do servizo municipal da Mancomunidade Terra de Celanova ata os 320.000 euros fronte aos 155.000 anteriores e actualizouse a financiación destinada aos custos salariais dos GES da provincia para adaptalos ao seu custo real respecto ao primeiro convenio asinado en 2013.

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

A Xunta avanza nos nos traballos para construir o Comité de Expertos que estudará...

0
As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a deseñar a composición dese grupo e as liñas de actuación para...

A Xunta enxalza os emigrantes como os mellores embaixadores de Galicia no Mundo

0
Coincidindo co Día de Galicia, José González asistirá ao acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, unha entidade que conta con...

Publicacións Relacionadas