HomeXunta de GaliciaA Xunta salienta a importancia de promover un modelo informativo para o...

A Xunta salienta a importancia de promover un modelo informativo para o emprego máis flexible e á carta para reforzar a competitividade das empresas familiares

- Anuncio -spot_img
  • González puxo en valor esta acción formativa promovida polo Club Financeiro de Santiago no marco da ‘Escuela Gallega de Consejeros’ e centrada en áreas como a gobernanza ou a profesionalización dos órganos de decisión
  • Destacou que o enfoque práctico, flexible e adaptado á realidade das empresas familiares deste curso encaixa co concepto de formación para o emprego que impulsa a Xunta: máis áxil, de curta duración e orientada ás necesidades do mercado
  • Nesa liña, salientou que o Executivo autonómico está a traballar nun decreto pioneiro en España de microcredenciais para o traballo para casar mellor oferta e demanda
  • Tamén subliñou o proceso participativo que se está a desenvolver estes días da man do tecido produtivo de cara a deseñar a futura nova orde de cursos para persoas desempregadas (AFD), máis adaptada á realidade do mercado laboral
  • O conselleiro tamén fixo fincapé no compromiso da Xunta cunha administración facilitadora, que traballa da man das empresas como as familiares, “que son as que sustentan a estrutura económica de Galicia” e sempre no marco do Diálogo Social

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe na clausura do curso Consejeros de la Empresa Familiar, unha iniciativa formativa promovida polo Club Financeiro de Santiago no marco da Escuela Gallega de Consejeros. Durante o acto, o conselleiro trasladou os seus parabéns aos participantes desta primeira edición, que ten como finalidade preparar os actuais e futuros conselleiros e administradores de empresas familiares en áreas clave como a gobernanza, a profesionalización dos órganos de decisión ou a planificación da sucesión.

Neste sentido, González destacou que o enfoque flexible e adaptado á realidade das empresas familiares deste curso encaixa co novo modelo formativo que está a impulsar a Xunta no marco das súas políticas activas de emprego: máis áxil e orientado ás necesidades reais do tecido produtivo. Así, subliñou que o impulso da formación á carta é unha das principais liñas de actuación para fortalecer o mercado laboral interno, dar resposta de xeito eficaz á cobertura de vacantes e dotar ás empresas do talento necesario.

O conselleiro tamén fixo fincapé no compromiso da Xunta cunha administración facilitadora, que traballa da man coas empresas como as familiares, “que son as que sustentan a estrutura económica de Galicia” e sempre no marco do Diálogo Social. Un estilo que contrapuxo ao do Goberno central, como xa ten demostrado, incidiu, con medidas tomadas sen o consenso colectivo como o incremento do salario mínimo interprofesional ou a redución da xornada laboral que “ralentizan a competitividade, especialmente das pemes, e introducen distorsións no mercado de traballo”.

A prol dun modelo formativo para o emprego máis flexible

Ao fío do curso clausurado hoxe, o conselleiro puxo en valor o papel da formación especializada como ferramenta clave para afrontar os retos que teñen por diante as empresas e os diferentes sectores. Nesa liña, destacou que a Xunta está a traballar nun decreto pioneiro en España de microcredenciais para o traballo, co que se busca adaptar a oferta formativa ás necesidades reais do tecido produtivo e que pemitirán que empresas, asociacións e clústeres participen activamente na detección destas necesidades de cualificación, así como no deseño, execución e emisión das microcredenciais.

Con ese mesmo enfoque, compartiu outras iniciativas en marcha, como a orde dotada con 4 M€ para promover accións formativas a demanda do tecido produtivo, ou o deseño da futura nova convocatoria de cursos para persoas desempregadas (AFD). Precisamente, a Xunta está a desenvolver estes días xornadas participativas co tecido produtivo para recoller achegas, identificar prioridades e avanzar cara a unha programación formativa para as persoas sen traballo máis eficaz e adaptada á realidade do mercado laboral.

O pulo á formación flexible complétase con outras medidas para casar a oferta e a demanda como coa modernización do Servizo Público de Emprego e a implantación da ferramenta EMi —coa que se levan realizado 58.500 perfilados competenciais—  ou o respaldo a colectivos prioritarios como a mocidade para garantir a retención de talento e a remuda xeracional, como o programa de 1ª experiencia profesional.

Atracción de talento exterior

O conselleiro tamén expuxo as liñas mestras do programa de atracción de talento, que ten como obxectivo garantir a cobertura de vacantes no mercado laboral, en paralelo ao impulso do talento interno. Neste contexto, sinalou que Galicia dá prioridade á diáspora—a través da Estratexia Galicia Retorna— e, nun segundo foco, a traballadores de 3ºpaíses. Nesa liña, destacou os documentos asinados con Colombia, Honduras, Ecuador e Paraguai, que permiten avanzar cara a unha migración laboral ordenada e vinculada ao emprego.

Publicacións Relacionadas