Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta salienta que Galicia se consolida como unha comunidade innovadora en...

A Xunta salienta que Galicia se consolida como unha comunidade innovadora en materia de cartografía e información xeográfica tras desenvolver preto de 90 actividades neste eido en 2023

- Anuncio -

Ángeles Vázquez subliña que estes datos supoñen unha información básica e necesaria para dar resposta a numerosas cuestións de xestión e planificación en materias vinculadas ao territorio, como o urbanismo, as infraestruturas ou a xestión ambiental

A Xunta salienta que Galicia se consolida como unha comunidade innovadora en materia de cartografía e información xeográfica tras desenvolver preto de 90 actividades en 2023 ao abeiro do Plan operativo anual desta materia, que contou cun orzamento de 6,7 millóns de euros.

Durante a reunión da comisión de coordinación de sistemas de información xeográfica e cartografía, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, subliñou que estes datos supoñen unha “información básica e necesaria” para dar resposta a numerosas cuestións de xestión e planificación en materias vinculadas ao territorio, como, por exemplo, o urbanismo, as infraestruturas ou a xestión ambiental. “O obxectivo é dispor dos mellores datos para que redunden nunha mellora dos servizos á disposición da cidadanía”, engadiu.

Máis polo miúdo, a conselleira salientou algunhas das actividades desenvolvidas en 2023 no marco do Plan operativo anual do Plan Galego de Cartografía e Información Xeográfica (PGCIX), como o mantemento e mellora do Xeoportal de Riscos de Protección Civil ou a creación dun visor xeográfico que permite a superposición e consulta conxunta de capas con diferentes orixes -predición, satélite, radar, estacións…-.

Ademais, tamén se levou a cabo a mellora da información cartográfica das infraestruturas de saneamento e depuración así como a creación dun visor de aforos, calidade e vertidos por parte de Augas de Galicia.

Cómpre lembrar que o PGCIX é o instrumento básico da planificación da produción cartográfica da Xunta e das entidades instrumentais do sector público autonómico así como do uso e difusión da información xeográfica necesaria para a xestión do territorio da Comunidade.

Nese senso, Ángeles Vázquez fixo fincapé na importancia da colaboración e información que os diferentes departamentos do Goberno autonómico ofrecen ao órgano de coordinación nesta materia, que é o Instituto de Estudos do Territorio (IET), dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, de cara a dotar á Comunidade dunha única base de datos con información nesta materia.

Relacionadas

Rueda salienta a importancia da cultura para mostrar a identidade das cidades

0
O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, salientou hoxe a importancia da cultura á hora de mostrar a identidade das cidades e de facela...

A Comisión Coruña Marítima acorda convocar un concurso internacional para elaborar o deseño que...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou en representación da Xunta na primeira reunión do órgano que dirixirá o futuro dos...

A Xunta contribúe a reforzar Ferrol como destino urbano co primeiro Festival Internacional de...

0
Celebrarase desde este xoves 18 de xullo ata o sábado 20 en varios puntos da cidadeXosé Merelles salienta que a cidade recibe cada vez...

A Xunta outorga autorización ambiental integrada para a planta de construcción e mantemento naval...

0
Os técnicos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúen que a proposta é viable e non terá impacto na contorna se se...

A Xunta concede autorización ambiental integrada ao proxecto para a instalación dunha planta de...

0
Os técnicos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúen que a proposta é viable e non terá impacto na contorna se se...

A Xunta reforza a atención ás vítimas de violencia ou agresión sexual a través...

0
Os procedementos previstos incidirán na garantía da cadea de custodia na recollida de mostras e outras evidencias que poidan contribuír á acreditación das violencias...

Publicacións Relacionadas