Home A Coruña Ángeles Vazquez visita o inmoble adquirido polo concello de Oza-Cesuras que se...

Ángeles Vazquez visita o inmoble adquirido polo concello de Oza-Cesuras que se destinará a vivendas de promoción pública tras a súa rehabilitación

- Anuncio -

Pon en valor o compromiso do municipio coa recuperación do xa construído, que é fundamental para a veciñanza, xa que vai vivir en contornas máis amables e con mellores servizos, e para a imaxe de Galicia

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou hoxe o inmoble adquirido polo Concello de Oza-Cesuras, co obxectivo de destinalo a vivendas de promoción pública tras a súa rehabilitación.

Durante a visita, na que estivo acompañada polo alcalde da localidade, Pablo González, a vicepresidenta segunda puxo en valor o compromiso do concello coa rehabilitación e coa recuperación do xa construído, que é fundamental para as nosas vilas e para a imaxe de Galicia, pero, sobre todo, para a veciñanza, xa que vai vivir en contornas máis amables e tamén con mellores servizos.

Este edificio, que leva abandonado 10 anos, localízase no núcleo de Oza dos Ríos e conta cunha superficie útil mínima de 1.000 metros cadrados, de tres alturas e dúas plantas de soto. A previsión é dotar o municipio dun mínimo de nove vivendas con rochos e garaxes, que serían adxudicadas en réxime de alugueiro.

Foi adquirido ao abeiro do Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes, que consiste na concesión de préstamos sen xuros para adquirir e rehabilitar inmobles en estado deficiente de conservación como medida de protección do patrimonio cultural e arquitectónico, do medio ambiente, da paisaxe e do territorio. Os municipios deberán reintegrar a contía do préstamo nun prazo de 8 anos.

Relacionadas

Diego Calvo asiste esta tarde no Lalín Arena ao partido dos Hispanos contra Serbia

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu esta tarde no...

O itinerario turístico da Xunta ao redor da flor da camelia incorpora seis novos...

0
Súmanse á Ruta da Camelia o Pazo de Faramello, na Coruña, e a Estación Fitopatolóxica Areeiro de Pontevedra Na categoría de recurso asociado entran...

A Xunta sitúa o servizo de asistencia xurídica gratuíta en Galicia como “referente a...

0
O director xeral de Xustiza compareceu no Parlamento para dar conta dos avances na materia, que enmarcou no diálogo constante cos colectivos representantes dos...

A Xunta concede preto de 2.400 axudas en catro anos para corrixir impactos paisaxísticos...

0
Ángeles Vázquez destaca que estas achegas para mellorar o estado de distintos inmobles e instalacións teñen cada vez máis demanda e que desde 2021...

A Xunta convoca catro cursos básicos de auxiliares de policía local que suman 240...

0
Segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia, desenvolveranse de xeito presencial na Academia Galega de Seguridade Pública a partir de finais de maioNa...

Tres citas en San Sadurniño con motivo das Letras Galegas

0
A poeta Yolanda Castaño participará o mércores nun encontro literario arredor da figura de Luísa Villalta, protagonista do 17 de Maio Poeta, narradora, dramaturga, ensaísta,...

Publicacións Relacionadas