HomeXunta de GaliciaDiego Calvo celebra o Día das Familias coas promocións de Policía Local...

Diego Calvo celebra o Día das Familias coas promocións de Policía Local e oficiais que se están a formar na AGASP

- Anuncio -spot_img

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes acompañou aos futuros axentes nunha xornada que compartiron cos seus familiares para ensinarlles as instalacións da Academia e que coñezan a preparación que levan a cabo antes de incorporarse aos seus concellos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou xunto co director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, no Día das Familias na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). Centos de familiares acompañaron aos integrantes da 17ª promoción de Policía Local e da 11ª promoción de oficiais que se están a formar na Academia.

Nesta xornada, as familias puideron coñecer as instalacións e a actividade diaria do alumnado. Diego Calvo puxo en valor o apoio das familias aos futuros axentes no seu camiño para levar a cabo a súa vocación e velar pola seguridade da cidadanía nos seus concellos. Tamén destacou que as promocións na súa etapa na Academia, que durante meses se converte “na súa segunda casa”, forman “unha gran familia” cunha convivencia baseada na colaboración e o compañeirismo. O conselleiro aproveitou para felicitar aos axentes polo Día da Policía Local, xa que mañá se conmemora  a festividade da súa patroa, María Auxiliadora.

A 17ª promoción de Policía Local que se prepara na Agasp conta cun cento de aspirantes que superaron as distintas fases do proceso selectivo. Tras uns meses de formación teórica nos meses de verán realizarán prácticas no seu concello e, a continuación, incorporaranse de novo para rematar a parte teórica e graduarse. Nestes meses na Agasp tamén se forma a 11ª promoción da categoría de oficiais dos corpos de Policía Local, do que forman parte os 12 axentes procedentes tanto de concellos do proceso unitario como outros 31 de municipios que non teñen delegadas na Xunta as competencias para a selección das categorías superiores de Policía Local.

Publicacións Relacionadas