As relixiosas retíranse a vivir en Ávila tras seis décadas de dedicación á muller e ás persoas con discapacidade en Galicia
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou hoxe a importancia do traballo conxunto coas entidades sociais para seguir mellorando os servizos no ámbito da discapacidade para chegar a todos os recunchos de Galicia. Fíxoo tras reunirse coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, co alcalde de Crecente, Julio César Luengo, e con representantes da Congregación das Esclavas Virgen de la Dolorosa, entidade que xestiona varios centros de atención á discapacidade en ambos concellos.
O motivo da xuntanza foi despedir ás relixiosas que despois de máis de 60 anos de labor en Mos e Crecente trasládanse a Ávila. Fabiola García agradeceu o labor de toda unha vida a estas relixiosas que atenderon a mulleres con discapacidade intelectual nos centros residenciais e ocupacionais de Mos e Crecente.
Esta despedida da conselleira súmase a que xa recibiron as relixiosas o pasado mes de setembro en Mos para agradecer a súa dedicación. A este recoñecemento tamén asistiu a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón.

