López Campos aborda co alcalde de Covelo posibles vías de traballo que permitan restaurar a igrexa de San Martiño de Barcia de Mera

Redacción

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, abordou hoxe co alcalde de Covelo, Pablo Castillo, cuestións vinculadas coas materias do seu departamento. En concreto, afondaron nas posibles fórmulas de colaboración futuras que permitan restaurar a igrexa de San Martiño de Barcia de Mera que, xunto co conxunto arquitectónico que engloba a Casa Reitoral, está declara Ben de Interese Cultural.

Precisamente, o representante de Cultura do Goberno tirou proveito desta xuntanza para analizar polo miúdo co rexedor as modificacións realizadas na Lei de acompañamento dos Orzamentos para a Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, que está a permitir reducir os tempos de espera, tanto por parte da cidadanía como das institucións, co obxectivo de que o coidado do patrimonio non supoña un impedimento para o desenvolvemento de proxectos vitais ou profesionais.

Comparte este artigo