Home Ourense Lorenzana traslada o compromiso da Xunta de Galicia cos traballadores da Mina...

Lorenzana traslada o compromiso da Xunta de Galicia cos traballadores da Mina de Penouta e co sector mineiro galego

- Anuncio -

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo esta mañá unha reunión coa directiva de Strategic Minerals, empresa mineira canadense responsable da explotación deste xacemento emprazado en Viana do Bolo

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo esta mañá unha reunión coa directiva da empresa mineira canadense Strategic Minerals, á que trasladou o compromiso da Xunta cos traballadores da mina de Penouta, en Viana do Bolo, e cun sector mineiro que achega o 1,2% do PIB galego.
No encontro Lorenzana expuxo os pasos que desde o Goberno galego se están dando para impulsar a minería, un sector que pode converterse nun aliado estratéxico para modernizar as principais cadeas de valor da industria galega grazas ao uso de materias primas autóctonas e fundamentais na transición ecolóxica e dixital actual. Así, referiuse á futura Lei de recursos naturais, á nova oficina de captación de fondos europeos para a investigación, innovación e modernización do sector mineiro, e á Consulta Preliminar ao Mercado do proxecto StmartminTech, que busca a transformación integral da minería a través de novas solucións innovadoras.
A conselleira incidiu en que a Xunta está defendendo, a través da Axenda de Impulso da Minería Sustentable de Galicia, o desenvolvemento do sector sempre e cando se realice de xeito sustentable compatibilizando as actividades que poidan xerar riqueza e emprego co respecto aos recursos naturais. E, ao fío, insistiu na importancia de defender o emprego que xera o sector mineiro en Galicia.
Pola súa banda, a empresa presentou os proxectos que prevé desenvolver na Comunidade dentro dun marco de respecto e cumprimento das regulacións e accións de responsabilidade social empresarial.

Relacionadas

Diego Calvo asiste esta tarde no Lalín Arena ao partido dos Hispanos contra Serbia

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu esta tarde no...

O itinerario turístico da Xunta ao redor da flor da camelia incorpora seis novos...

0
Súmanse á Ruta da Camelia o Pazo de Faramello, na Coruña, e a Estación Fitopatolóxica Areeiro de Pontevedra Na categoría de recurso asociado entran...

A Xunta sitúa o servizo de asistencia xurídica gratuíta en Galicia como “referente a...

0
O director xeral de Xustiza compareceu no Parlamento para dar conta dos avances na materia, que enmarcou no diálogo constante cos colectivos representantes dos...

A Xunta concede preto de 2.400 axudas en catro anos para corrixir impactos paisaxísticos...

0
Ángeles Vázquez destaca que estas achegas para mellorar o estado de distintos inmobles e instalacións teñen cada vez máis demanda e que desde 2021...

A Xunta convoca catro cursos básicos de auxiliares de policía local que suman 240...

0
Segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia, desenvolveranse de xeito presencial na Academia Galega de Seguridade Pública a partir de finais de maioNa...

La huella en Ourense del Zamora 8, editado pola Deputación, é “un libro...

0
O presidente provincial, Luis Menor, presentou hoxe esta publicación xunto ao subdelegado de defensa en Ourense, Jesús Antonio Peñas; ao suboficial maior do Rexemento...

Publicacións Relacionadas