Home Xunta de Galicia Máis dun centenar de universitarios desempregados benefícianse das bolsas da Xunta para...

Máis dun centenar de universitarios desempregados benefícianse das bolsas da Xunta para cursas un Máste

- Anuncio -

— Por universidades, 67 dos beneficiarios estudan un máster na Universidade de Vigo, 26 na da Coruña e 12 na de Santiago de Compostela

— O título máis numeroso entre os beneficiarios é o do Profesorado

— O obxectivo das axudas é mellorar a formación e as opcións de atopar emprego

Un total de 105 persoas desempregadas benefícianse este curso académico das axudas para a matrícula de máster universitario da Xunta de Galicia. Trátase, en concreto, de 67 mulleres e 38 homes que acceden a esta liña de apoio para ampliar a súa formación na nosa Comunidade.

Por universidades, 67 dos beneficiarios cursan un máster na Universidade de Vigo, 26 na da Coruña e 12 na de Santiago de Compostela. A titulación máis demandada entre os beneficiarios é o mestrado de Profesorado, con 48 bolsas concedidas. Ademais, destacan o mestrado en Prevención de Riscos Laborais, con catro, e os de Finanzas e Intervención multidisciplinar na diversidade en contextos educativos, con tres cada un deles.

A finalidade desta liña de axudas é facilitar o acceso das persoas en situación de desemprego a uns estudos que lles permitan mellorar a súa empregabilidade, a través dunha formación avanzada orientada á especialización académica ou profesional que mellora o seu acceso a un mercado de traballo globalizado.

Axudas de ata 835 euros
En función do tipo de máster que curse o beneficiario, o importe máximo de axuda da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP é de 835,80 € e o mínimo de 591 €, sempre dando cobertura ao importe das materias matriculadas por primeira vez.

Para acceder a estas bolsas, as persoas debían estar desempregadas na data de presentación da solicitude e matriculadas no presente curso académico 2024/2025 nun máster universitario oficial das universidades públicas galegas, dun mínimo de 60 créditos excluídos os créditos recoñecidos, convalidados ou adaptados. Así mesmo, deberon ter rematados os estudos universitarios de grao antes do 30 de setembro de 2023.

Relacionadas

Un total de 147 asociacións de nais e pais que xestionan comedores escolares acceden ás axudas...

0
— O Goberno galego reforzou nos últimos anos esta liña, o que fai que estas asociacións reciban hoxe case o tripo do importe que...

A Xunta convoca a batería máis de medidas para apoiar aos autónomos a...

0
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a primeira convocatoria unificada para autónomos co gallo de axilizar a tramitación de achegas e avanzar...

A Xunta salienta o seu esforzo na posta en valor e mellora da área...

0
Ángeles Vázquez destaca entre as melloras acometidas os máis de 160.000 € investidos en accións de mellora da vexetación de ribeira e eliminación de...

Galicia rexistrou en 2024 o terceiro ano máis cálido das últimas seis décadas

0
— Ángeles Vázquez explica que 2024 se caracterizou por ser un período extremadamente cálido e húmido — A temperatura media rexistrada foi de 14,7 graos...

López Campos anuncia a licitación por máis de 300.000€ das obras de restauración do...

0
Adianta que a actuación contará cun prazo de execución previsto de 6 meses e está dirixida a resolver as patoloxías causadas polas humidades que...

López Campos anima a veciñanza de Coristanco a gozar das novas instalacións da Biblioteca Municipal

0
— A Xunta destina, mediante convenio co Concello, 100.000€ para a reforma e ampliación do espazo, a metade do orzamento — O conselleiro de Cultura,...

Publicacións Relacionadas