Home Xunta de Galicia Medio milleiro de persoas obtiveron ou renovaron o ano pasado a habilitación...

Medio milleiro de persoas obtiveron ou renovaron o ano pasado a habilitación como persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

- Anuncio -
  • A través dos cursos de seis horas realizados na Academia Galega de Seguridade Pública para adaptarse aos requisitos esixidos no decreto que regula as funcións que deben cumprir os controladores de acceso
  • Neste 2024 celébranse tamén 11 edicións desta formación, unha cada mes agás en agosto, sempre que se reúnan os 20 inscritos requiridos

Medio milleiro de persoas obtiveron ou renovaron o ano pasado a habilitación como persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas a través dos 11 cursos impartidos na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). O número de alumnos que superou o curso ascendeu a 571, dos que 562 recibiron a habilitación que solicitaron e que precisan para realizar as funcións de control de acceso.  Do total de persoas habilitadas, 179 foron mulleres.

Entre as funcións do persoal de acceso, atópanse as de controlar a entrada das persoas ao establecemento, comprobar a súa idade e identidade, controlar a adquisición da entrada ou localidade, supervisar que non se exceda a capacidade máxima autorizada, vixiar que as bebidas non sexan sacadas do local, prohibir o acceso fóra do horario de peche, e incluso, se fose necesario, auxiliar as persoas que se encontren feridas e chamar ao teléfono de emerxencias correspondente.

Na actualidade está xa en marcha a convocatoria de cursos correspondente a 2024 con 11 novas edicións, unha en cada mes, agás en agosto. Trátase de cursos de seis hora de configuración moi práctica sobre os conceptos básicos que o alumnado precisa no desenvolvemento das súas funcións. Esta formación substitúe as probas de coñecementos anuais e ao test psicolóxico que tiñan que superar os aspirantes antes da actualización, en 2021, do decreto de 2010.

Co obxectivo de solicitar a correspondente habilitación da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior é necesario superar igualmente unha proba de coñecementos, pero cos cursos mensuais de seis horas o proceso acúrtase moito respecto ás probas anuais anteriores á aprobación do Decreto 48/2021.

Simplificación e axilidade nos procesos

O Goberno galego contribuíu co novo decreto a unha regulación dos requisitos que debe cumprir o persoal de acceso máis práctica e adaptada á realidade e á normativa actual. Deste xeito, simplifícanse e axilízanse os procesos tanto para a obtención como para a renovación da habilitación reformulando o temario da proba de coñecemento. O temario destes cursos inclúe contidos como a normativa de xogo, as medidas de seguridade e os horarios nos establecementos abertos ao público ou o réxime xurídico das persoas menores de idade.

A Xunta actualizou en varias ocasións a normativa nesta materia. De feito, antes de 2009 non existía ningunha norma propia que regulase o exercicio da actividade de control de acceso. Co Decreto 8/2010 superouse ese baleiro normativo autonómico e, por ende, a inseguridade xurídica.

Nesta liña, deuse un paso máis sete anos máis tarde coa creación dun soporte xurídico de máximo nivel, a Lei 10/2017 de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia. Unha norma na que, precisamente, se esixía dispoñer de persoal habilitado no servizo de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas. Por último, no último decreto aprobado en 2021 simplificouse e axilizouse o procedemento para obter a habilitación ao substituír a convocatoria anual polos actuais de cursos de formación, ademais de reformular o temario tendo en conta, por exemplo, as especificidades dos establecementos de xogo.

Relacionadas

A Xunta denuncia o retraso dos compromisos adquiridos polo Goberno Central en materia de...

0
— O Goberno galego lamenta a falta de transparencia do Executivo estatal e reclama un diálogo continuo e fluído entre ambas administracións para coñecer...

Diego Calvo asistiu esta mañá ao encontro entre o Intasa San Sadurniño e o...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá ao encontro...

A Xunta aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do miradoiro de...

0
Ángeles Vázquez incide no obxectivo de dotar a veciñanza e visitantes dun espazo desde o que desfrutar dos excepcionais valores estéticos da paisaxe da...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés desenvolve...

0
― Ao longo do 2024 se están a revisar todas as pautas de vacinación das persoas institucionalizadas, e, en concreto, as do pneumococo e...

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Publicacións Relacionadas