Home Pontevedra Caldas Nava Castro visita o restaurante O Roquiño en Caldas de Reis, un...

Nava Castro visita o restaurante O Roquiño en Caldas de Reis, un dos beneficiarios da orde de axudas para a obtención da Q de Calidade Turística

- Anuncio -

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, indicou a importancia que ten para o noso turismo a obtención deste tipo de certificacións que aportan prestixio, fiabilidade, diferenciación e rigor aos establecementos diferenciados

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe o restaurante O Ronquiño, en Caldas de Reis, para ver in situ a reforma que se está levando a cabo no restaurante no marco da certificación da marca Q de Calidade Turística a través dunha subvención outorgada por Turismo de Galicia.

Durante a súa intervención, a directora expuxo a importancia que ten para o turismo en xeral e para a nosa comunidade en particular, a obtención deste tipo de certificacións, xa que aporta prestixio, fiabilidade, diferenciación e rigor aos establecementos certificados.

Neste senso, Nava Castro indicou que mediante este tipo de certificacións búscase unha mellora na xestión empresarial, así coma a inmersión nun proceso de mellora continúa que redunda en determinados beneficios para os clientes como son a obtención dunha garantía da calidade dos produtos e servizos ofrecidos polos establecementos certificados e a maior confianza e seguridade na elección da empresa turística.

Para a obtención desta marca, a Comunidade puxo en marcha en abril deste ano unha orde de subvencións por valor de 170.000€ destinados a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/o privada, para os procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, ao obxecto da obtención e/o mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas