Home O Salnés A Illa de Arousa Os miles de cribados preventivos en A Illa de Arousa para a...

Os miles de cribados preventivos en A Illa de Arousa para a contención da Covid 19 deron coma resultado ata o de agora oito positivos por coronavirus

- Anuncio -

Sobre un censo de 3.664 cidadáns maiores de 15 anos deste Concello, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés recolleu un total de 3.285 mostras de saliva e nasofarínxeas, arredor do 90 por cento dos convocados
Para o grupo poboacional dentre os 15 e os 69 años -que acada nesta localidade as 3.057 persoas- recolléronse un total de 2.739 mostras de saliva, mentres que entre o colectivo de 607 persoas de 70 e máis anos, o cribado acumulou 546 mostras
Os miles de cribados preventivos efectuados o pasado venres e sábado en A Illa de Arousa enmarcados na estratexia de contención da COVID 19 do Servizo Galego de Saúde, deron coma resultado ata o de agora oito positivos por coronavirus nun total de 3.285 mostras recollidas sobre un censo de 3.664 cidadáns de 15 ou máis anos de idade deste Concello arousán. Dita participación, de arredor do 90 por cento dos convocados, foi ata o de agora das máis altas da Comunidade Autónoma de Galicia nun cribado preventivo.
Cómpre sinalar que para o grupo poboacional dentre os 15 e os 69 años -que acada nesta
localidade as 3.057 persoas- recolléronse un total de 2.739 mostras de saliva, mentres que entre o colectivo de 607 persoas de 70 e máis anos, o cribado efectuado pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés acumulou 546 mostras nasofarínxeas.
Resultados
Das mostras do primeiro grupo de persoas dentre 15 a 69 anos obtívéronse un total de sete
positivos por COVID. No que atinxe ao grupo poboacional de 70 e máis anos do Concello de A Illa de Arousa, das 546 mostras obtidas no cribado da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés detectouse un positivo por COVID, amén doutras dúas mostras que aínda continúan en estudo, pendentes de notificación de resultado por parte do servizo de Microbioloxía e Parasitoloxía Clínica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
Novos cribados en Bueu na presente semana
Ao longo da presente semana, o Concello de Bueu será a seguinte localidade da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés onde a Administración Sanitaria Pública galega continuará coa súa planificación de novos cribados poboacionais, nunha estratexia loxística e organizativa que se está a rematar nestes intres e da que se informará en vindeiras datas.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez reivindica o papel clave da Deputación na construción de Europa...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, reivindicou o papel clave da Deputación na construción de Europa desde o municipalismo no acto de...

Telmo Martín pecha un primeiro ano de mandato nefasto, con máis impostos, máis custes...

0
BNG de Sanxenxo advirte de que as consecuencias da política de cemento do  señor Martín “xa nos afecta ao peto de toda a veciñanza”,...

A Festa do Choco contará cun Punto Violeta e horarios con baixa emisión de...

0
Redondela prepárase para celebrar a Festa do Choco, e faino cunha coidada programación que inclúe non só unha excelente oferta gastronómica, senón tamén unha...

A Biblioteca Municipal de Salvaterra reforza o seu horario de cara ós exames

0
O horario será continuo dende o 14 de maio e ata 5 de xullo para todos os estudantes que preparan os exames de ABAU...

Sesión dobre con Abraham Cupeiro no auditorio municipal do Rosal

0
Tras o éxito de acollida do concerto que se celebrará o sábado 11 ás 20.30 horas, Agrupación Musical do Rosal abre a reserva para...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Publicacións Relacionadas