HomeXunta de GaliciaPresentado o maillot que levarán os líderes das ligas A, B e...

Presentado o maillot que levarán os líderes das ligas A, B e Feminina da Liga Galega de Traiñeiras

- Anuncio -spot_img

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu ao presidente da Asociación Liga Noroeste, Javier Rodríguez, e trasladou o apoio da Xunta a esta competición, que este ano conta con 27 equipos participantes

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, presentou esta mañá xunto ao  presidente da Asociación Liga Noroeste (ALN), Javier Rodríguez, o maillot que levarán os líderes das competicións A, B e feminina da Liga Galega de Traiñeiras (LGT). Tamén asistiu o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.

A competición arrincará o próximo 28 de xuño coa XI Bandeira Concello de Redondela da Liga A, a III Bandeira Chapela-Wofco da Liga B e a X Bandeira Feminina Concello de Redondela. En total, serán case unha trintena de regatas nas que participarán 27 equipos.

A Liga A está conformada por 11 equipos: SD Tirán-Pereira, SD Samertolameu, CM Bueu-Simei, CR Cabo de Cruz, CR Mecos, CCD Cesantes, CR Narón, CM Mugardos e CR Chapela-Wofco, CM Castropol e CR Urme. Por outra banda, na Liga B competirán un total de cinco equipos como o CR Salgado-Perillo, CR A Cabana-Ferrol, CR Puebla, CR Chapela-Wofco B e CM Bueu-Simei B.

Cómpre salientar os 11 equipos femininos que competirán na LGT, isto é, CR Cabo da Cruz, SD Tirán Pereira, CR Chapela-Wofco, CR Salgado-Perillo, CR Rianxo, CR A Cabana-Ferrol, CM Castropol, CM Mugardos, Cesantes-Bueu-Cefycal-Simei, CR Mecos e Amegrove CR. 

Publicacións Relacionadas