Home Pontevedra A Paradanta Os alcaldes das Neves e Arbo reiteran a súa oposición ao paso...

Os alcaldes das Neves e Arbo reiteran a súa oposición ao paso da liña de alta tensión polos seus concellos

- Anuncio -

• O pasado miercoles día 10 de novembro os alcaldes de Arbo, Horacio Gil, e das Nieves, Xosé Manuel Rodríguez, mantiveron unha reunión en liña co Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, D. Ismael Aznar Cano

• Horacio Gil e Xosé Manuel Rodríguez reiteran novamente a oposición frontal dos dous concellos ao proxecto da Liña de Alta Tensión ( LAT 400 K).

Os alcaldes de Arbo, Horacio Gil, e das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, mantiveron este mércores unha reunión en liña co Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, D. Ismael Aznar Cano, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, para tratar, de novo, o proxecto da Liña de Alta Tensión ( LAT 400 K) que afecta aos dous concellos.

O Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, D. Ismael Aznar Cano transmitiu aos dous alcaldes que aínda non hai resolución sobre o trazado final da liña Fontefría- Fronteira Portuguesa, para a cal existen dúas alternativas que afectarían, ben ás parroquias de Sela e Barcela, en Arbo, ou á de Vide nas Neves.

En calquera das dúas opcións, a liña pasaría próxima a algunhas casas e a espazos protexidos, polo que se están avaliando afeccións sobre saúde e medio ambiente, ademais os impactos sobre a viticultura e o efecto na paisaxe da zona.

A decisión, antes de finais de ano

O Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, D. Ismael Aznar Cano adiantou que prevían que puidese producirse unha resolución antes de finais deste ano, unha vez que finalice a avaliación de impacto ambiental, e comprometeuse a manter, logo, unha nova reunión cos dous concellos para explicarlles as razóns da mesma, mentres que quedou sobre a mesa analizar as características técnicas que poidan mellorar a seguridade do tendido, en especial nos tramos que pasen preto das vivendas.

Oposición frontal dos dous concellos

Horacio Gil e Xosé Manuel Rodríguez, reiteraron a oposición de Arbo e As Neves aos dous posibles trazados, e insistiron nas alegacións presentadas, así como na demanda, repetida nos últimos anos, dos veciños e veciñas das dúas vilas. Así mesmo, lamentaron que, neste momento non haxa outras alternativas a estes dous proxectos e mostraron a súa preocupación polo feito de que o Goberno español non se manifestou en relación coa decisión, reiterada hai poucas semanas, polo Goberno de Portugal de manter o trazado da alta Tensión por Sela.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas