Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos e mozas

adminON
Lectura mínima de 2
  • A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara Meneses
  • Mañá día 4 celébrase a final de cociña de mañá e a de música de tarde

Logo do éxito de participación do certame Talento Xove, organizado pola concellería de Xuventude do Concello de Ponteareas no que participaron más de 300 mozos e mozas nas diferentes categorías, mañá dia 4 de maio dan inicio as finais en dúas das categorías, cociña e música.

A primeira arrancará ás 10:00 horas en Mercatea, a antiga nave de Aceros del Tea, coa visita previa da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara Meneses, ás 09:30 horas. Cada un dos nove finalistas contará con dez minutos para empratar e explicar a súa receita, e desta última proba sairán os gañadores finais.

Xa pola tarde, cambia a escenario e muda ao Auditorio Reveriano Soutullo onde os nove finalistas mostrarán a súa arte desde as 19:00 horas. Trátase de tres grupos, un dueto e cinco solistas de diversos estilos os que se poderán escoitar ata as 21:00 horas.

Logo deste sábado intenso quedarán aínda dúas citas co Talento Xove de Ponteareas xa que o vindeiro sábado 11 de maio, a cita é coa final de danza entre as 18:00 e as 21:00 horas e o 18 de maio, gran gala coa entrega de premios  ás 19:00 horas.

Comparte este artigo