Home A Coruña Trenor participou na inauguración do Obradoiro de Emprego de Camariñas, Muxía e...

Trenor participou na inauguración do Obradoiro de Emprego de Camariñas, Muxía e Vimianzo no que se formarán a 20 desempregados en conservación de montes e albanelería

- Anuncio -

— O representante do Goberno autonómico animou ás mozas e mozos a aproveitar esta formación, adaptada ás necesidades das empresas da contorna, para poder atopar un emprego

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na inauguración do novo obradoiro de emprego de Camariñas, Muxía e Vimianzo, no que se formarán a 20 alumnos, en dúas especialidades en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e en pavimento e albanelería de urbanización, cun investimento por parte da Xunta de máis de 346.000 euros,

O delegado da Xunta felicitou aos participantes: “Porque teredes a oportunidade de formarvos durante 9 meses para mellorar as vosas capacidades profesionais e a vosa empregabilidade, polo que é moi importante aproveitar esta formación porque será unha importante axuda para que atopedes un emprego”.

O representante do Goberno autonómico puxo en valor esta formación porque “non sería posible sen a estreita colaboración entre concellos e Xunta. A administración autonómica é a que aporta o financiamento e os concellos a organización”. “É o mellor exemplo do éxito –recalcou- cando existe unha boa colaboración entre administracións”.

Trenor lembrou que os obradoiros están dirixidos á realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios reciben formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos. Os obradoiros duais dan a opción aos alumnos a un contrato de traballo nunha empresa da zona durante un mínimo de tres mes
O delegado da Xunta recalcou que nesta comarca de Bergantiños-Costa da Morte levaranse a cabo un total de cinco talleres ordinarios duais. Mediante estas iniciativas a Consellería de Emprego e Igualdade investirá en políticas activas de emprego nesta comarca Bergantiños-Costa da Morte máis de 1,7 millóns de euros
Os talleres de formación duais serán o de Camariñas, compartido con Muxía e Vimianzo; o de Carballo; o de Cerceda, compartido con Tordoia e Trazo; o de Dumbría compartido con Cee e Corcubión e o da Laracha.
Estes obradoiros permitirán que un total de 100 persoas desempregadas se formen nun oficio mentres realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais é de nove meses.
Trenor destacou que “os talleres de emprego permiten dotar a nosa poboación activa de formación de calidade ao tempo que desenvolver un traballo produtivo de utilidade pública ou interese social, coa posibilidade de acreditalo a través dos certificados de profesionalidade”.

Ampliación da convocatoria
A Xunta vén de reforzar a convocatoria deste ano de obradoiros , co seu maior orzamento, o maior número de accións e de persoas beneficiarias. Na actual convocatoria se acadan múltiples cifras récord: en canto a orzamento, o maior da década o que permitrá desenvolver un total de 33 actuacións na provincia entre obradoiros duais e de garantía xuvenil cun investimento de máis de 11,3 millóns de euros.


Máis que formación
As persoas desempregadas que participan nestes programas -desenvolvidos por concellos, mancomunidades e entidades sen ánimo de lucro do sector forestal- poden acceder ao longo de 9 meses a unha formación de calidade con opción a obter un certificado de profesionalidade e un contrato de traballo. Unha vez remata o obradoiro, teñen oportunidade de traballar nunha empresa da contorna por un mínimo de tres meses cun contrato a xornada completa. Para este fin, a Xunta concede incentivos á contratación.

Con esta ferramenta incídese ademais na inserción no mercado laboral de persoas en situación de especial dificultade, entre outras, emigrantes retornadas; mulleres; vítimas de violencia de xénero; persoas que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego; paradas de longa duración; con discapacidade; maiores de 45 anos; ou traballadoras e traballadores que carecen de títulos universitarios e de FP de grao superior.


NOVOS OBRADOIROS COMARCA COSTA DA MORTE 2021-2022

OBRADOIROS DUAIS DE EMPREGO
COMARCA COSTA DA MORTE
DENOMINACIONCONCELLOOUTROS CONCELLOSAXUDA CONCEDIDA
   “CONSTRUÍNDO FUTURO”    Camariñas Muxía – Vimianzo346.946,00 €
   “CARBALLO COIDA”    Carballo 346.946,00 €
   “O. E. CERCEDA-TORDOIA-TRAZO III””    CercedaTordoia –  Trazo346.946,00 €
   “CAMIÑO DO SOLPOR 4”    DumbríaCee – Corcubión346.946,00 €
   “A LARACHA VII””  A Laracha 346.946,00 €
TOTAL5 obradoiros1.734.730,00 €

Relacionadas

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Publicacións Relacionadas