Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación de Ourense e a Xunta farán posible a mellora da...

A Deputación de Ourense e a Xunta farán posible a mellora da atención das emerxencias na provincia

- Anuncio -

O goberno provincial ourensá foi o único dos catro galegos que aceptou a proposta da administración autonómica que permitirá incrementar o número de efectivos e mellorar a cobertura dos servizos de emerxencias da comunidade

Esta alianza estratéxica de colaboración entre as institucións autonómica e provincia permitirá que os GES de Ourense conten “con 16 novos efectivos e mellorar o financiamento do servizo municipal da Mancomunidade Terra de Celanova e as condicións salariais dos grupos”, lembrou Plácido Álvarez

A Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia farán posible a mellora da atención das emerxencias na nosa provincia, converténdose na única administración provincial galega que decidiu unirse á proposta do Goberno autonómico para incrementar o número de efectivos e mellorar a cobertura dos servizos de emerxencias da comunidade.

Esta alianza estratéxica entre a administración provincial e autonómica permitirá que os GES de Ourense “conten con 16 novos efectivos e mellorar o financiamento do servizo municipal da Mancomunidade Terra de Celanova e as condicións salariais dos grupos”, lembrou p vicepresidente terceiro do goberno provincial, Plácido Álvarez.

Deste modo, “a nosa provincia poderá gozar das melloras nas condicións dos efectivos dos servizos de emerxencias porque xa, na anterior reunión, a Deputación de Ourense aceptou estas novas medidas propostas pola Xunta, por consideralas unha mellora importante na prestación do servizo de emerxencias en Ourense, así como nas condicións dos seus efectivos”, dixo Plácido Álvarez.

O vicepresidente terceiro do goberno provincial explicou que, grazas á aceptación destas melloras propostas pola Xunta, “en Ourense contrataranse a 16 persoas para que os GES de Lobios, Muíños, Laza, Ribadavia e Avión acaden os 12 efectivos. Incrementarase tamén o financiamento do servizo municipal da Mancomunidade Terra de Celanova. Ademais, actualizarase o financiamento destinado aos custos salariais dos GES da provincia para adaptalos ao seu custo real na actualidade respecto ao primeiro convenio asinado en 2013 cun incremento de 40.000 euros por GES, un 16% máis nos gastos de persoal ata acadar, en global, os 320.000 euros anuais por grupo”.

As melloras previstas para renovar o convenio de 2018 que vence este ano, e que ata agora se viña renovando de forma conxunta desde a posta en marcha dos GES, aplicaranse só nos 12 GES da provincia ourensá. Plácido Álvarez agradeceu ao goberno autonómico “o seu compromiso e apoio económico que nos permite ofrecer un servizo de calidade e atender ás emerxencias da nosa provincia como merece a nosa veciñanza”.

Relacionadas

O candidato Adrián Vázquez cualifica ao Goberno central como “un tapón entre a UE...

0
● Na súa intervención, Adrián Vázquez expuxo sete puntos nos que será preciso incidir para unha próxima etapa en Europa: acabar coa “xestión máis centralizada...

O vicepresidente Rafa Domínguez inaugura no Museo de Pontevedra a XL Reunión da Sociedade...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de inaugurar no Salón de Actos do Museo de Pontevedra a XL Reunión da Sociedade...

Luis López eloxia o sector vitivinícola das Rías Baixas por ser un dos “mellores...

0
O presidente provincial participa na clausura do Foro Mundial de Cooperativas Vitivinícolas que se celebrou na adega Martín Códax de Cambados durante tres días “O...

A Deputación apoia a Volta Ciclista ao Baixo Miño patrocinando o seu maillot de...

0
A vicepresidenta Luisa Sánchez participou este venres no Pazo provincial na presentación desta proba, que se celebrará o próximo 2 de xuño organizada polo...

“Correndo por Ourense” chega esta fin de semana ao barrio do Couto

0
O sábado, día 25 de maio, a rúa Dali estará pechada ao tráfico desde as 19.00 horas e a partir das 21.30 h tamén...

A Xunta conciencia á rapazado do Carballiño sobre a importancia dos mercados e das...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu este mediodía no Carballiño a un obradoiro de alumnado de 3º e 4º da...

Publicacións Relacionadas