Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Cecilia Abal e Daniel Gómez, vecedores no Duatlón Cros de Cerdedo-Cotobade disputado...

Cecilia Abal e Daniel Gómez, vecedores no Duatlón Cros de Cerdedo-Cotobade disputado baixo unha intensa choiva no entorno da Chan de Carballedo

- Anuncio -

• Os deportistas tiveron que cubrir unha distancia de 5,8 quilómetros a pé, 18 en bicicleta e 2,9 novamente a pé

Cecilia Abal, en categoría feminina, e Daniel Gómez, en masculina, foron os gañadores do II Duatlón Cros CerdedoCotobade disputado este luns no entorno da Chan, en Carballedo, proba organizada pola Federación Galega de Triatlón e o club Rías Baixas.

Ademais destes gañadores absolutos da proba, en categoría feminina quedou en segundo lugar Ana Vilas e Uxía Fernández foi a terceira. Pola súa banda, en categoría masculina, o segudo clasificado foi Gabriel Casteiñeiras e terceiro, Enrique Morán.

A proba enmárcase dentro do Circuito Galego de Duatlón Cros e os deportistas, en todas as categorías en liza, tiveron que percorrer 5,8 quilómetros de distancia a pé, 18 quilómetros de percorrido en bicicleta eunha última posta de 2,9 quilómetros novamente a pé.

Esta competición tamén estivo aberta a participantes da chamada “licencia de un día”, co cal se facilitou a participación de calquera deportista na proba, independientemente que fora asiduo ou non na disputa deste tipo de modalidades deportivas.

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, felicitou aos gañadores e tamén a todos os participantes que desafiron as condicións metereolóxicas adversas dando boa mostra da súa condición física e da súa deportividade. “Certo é que á dureza da proba se lle engadiu o mal
tempo, pero desde logo non desdibuxou para nada a beleza do percorrido e a capacidade de esforzo e sacrificio de todas e todos os participantes dando boa conta da súa entrega e amor por este deporte. Por outra banda, quero felicitar tamén aos organizadores, tanto á Federación como ao club Rías Baixas, que fixeron que pese ás dificultades todo saíra
perfectamente. Cerdedo-Cotobade demostrou unha vez máis que é un concello que aposta polo deporte e co que se pode contar para todo tipo de probas e iniciativas que teñan que ver coa práctica e o fomento do deporte na nosa Comunidade”, indicou o rexedor.

Relacionadas

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Publicacións Relacionadas