Home Pontevedra A Paradanta Arbo realiza un novo reparto de alimentos a máis de 35 familias

Arbo realiza un novo reparto de alimentos a máis de 35 familias

- Anuncio -

• O Concello de Arbo, realizou un novo reparto de alimentos co gallo do Nadal a máis de 35 famiilias arbenses que beneficiaran a 70 persoas


• O Concello de Arbo, destina aproximadamente 12.000 euros a emerxencia social, ademáis de que dispón dun banco de roupa e xoguetes.

O concello de Arbo, en virtude da precaria situación que viven moitas familias derivada da crise sanitaria….. distribuíu a semana pasada, alimentos entre as familias máis necesitadas do municipio de maneira extraordinaria co motivo do Nadal.

A distribución de alimentos, que podría chegar a máis de 35 familias, comezou a semana pasada, e ademáis de alimentos cotidianos, realizaron se paquetes con produtos de Nadal, roupa e xoguetes para os máis cativos.

Como administración máis próxima á cidadanía, “é a que en primeira instancia debe atender aos seus habitantes, posibilitando a mellora das súas condicións de vida”, informou o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil.

Alimentos non perecedoiros, produtos de limpeza e hixiene e produtos de primeira necesidade foron repartidos con cargo a fodos propios dende o Concello, así como roupa e xoguetes para os cativos e cativas de Arbo.

O Concello de Arbo, destina aproximadamente 12.000 euros a emerxencia social, ademáis de que dispón dun banco de roupa e xoguetes, e o reparto de alimentos e outros productos realizanse en varias quendas o longo do ano.

Estes alimentos están destinado ás familias máis necesitadas do municipio e en risco de exclusión social, que acceden ádemais a outras axudas a través de servizos sociais municipais.

Os casos de familias que se atopan nunha situación de exclusión social, agravada pola crise sanitaria e as súas consecuencias económicas, fan que sexa urxente proporcionarlles comidas saudables, productos de primeira necesidade e hixiene, así como produtos de nadal – remata informando o rexedor

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas